domingo, 2 de diciembre de 2012

Tratemento contra as aftas bucais.

Polo xeral non é necesario ningún tratamento especial, pois na maioría dos casos estas curan por sí soas.
 Pero si se ten unha afta debe:



  • Non comer alimentos quentes e condimentados.
  • Empregar exaugaduras bucais de venta libre ou auga con sal.
  • Empregar medicamentos de venta libre na área afectada, que alivian moito a dor.





Hai varios remedios caseiros que vostede pode poñer en práctica no caso de que padeza este tipo de infección bucal:
  1. Mesturar unha parte de peróxido de hidróxeno e outra parte de auga.  Para aplicar a mestura e convinte facelo con un hisopo de algodón, sobre a área afetada. Logo débese de aplicar cos dedos unha pequena cantidade de leite de magnesia sobre a afta unhas 3/4 veces o día. Esto é moi calmante a pode axudar a curar.
  2. Mesturar metade de leite de magenesia con outra metade de medicamento líquido pra alerxías (Benadryl). Débense facer buches durante un minuto e logo cuspir a mestura.
Tamén se poden necesitar fármacos recetados para os casos máis graves como pode ser: xel fluocinonida (Lídex), enxaugadura bucal gluconato de clorhexidina, a veces tamén se empregan medicamentos antiinflamatorios potentes (corticoesteroides).

Os tratamentos antibióticos poden dar lugar a complicacións entre elas a candidosis bucal, e outro tipo de infecións por cándida. Rara vez se poden presentar infeccións bacterias como celulitis ou anxina de Ludwig. 

 



Pero pra evitar a aparición destas úlceras bucais o mellor e cepillar os dentes e empregar seda dental de maneira regular, así como asistir a chequeos dentais de forma rutinaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario