viernes, 7 de diciembre de 2012

Sarna.

A sarna é un cadro pruxinoso da pel, causado polo ácaro microscópico Sarcoptes scabei. 
É común en todo o mundo e fecta a persoas de todas as razas e clases sociais. A sarna disemínase rápidamente en lugares con moita xente, nos que hai contacto frecuente con pel de outras persoas: os hospitais, os centros de coidado infantil,os asilo de anciáns e convalecentes, podendo tamén afectarse as parellas que manteñen relacións sexuais e familiares na casa.

O feito de compartir roupa, toallas, sabas pode facer que esta se dimenine maís velozmente, pero pola contra, non se adquire por contacto coa mascota, como moita xente pensa.

OS SÍNTOMAS:
  • Irritación ou erupción similar as espinillas.
  • Pequenas pústulas ou erupcións cutáneas que parecen pequenas líneas escuras e ensortixadas que aparecen sobre todo no pene, entre os dedos, nas nádegas, nos peitos, nos pulsos e nas coxas, e tamén a redor do embigo.
  • Picazón intensa, especialmente durante a noite.
  • Chagas causadas polo feito de rascarse.














TRATAMENTO:

Disponse de tratamento para a sarna, un medicamento receitado coñecido co nome de Nix, Elimite ou Scabene. En caso de que a infeción fose menos intensa empregaríanse medicamentos menos tóxicos.


PREVENCIÓN:

Ainda que non hai forma de previla ou protexerse debido a que se propaga rápido, sería aconsellable lavar a fondo a roupa ou limpar en seco toda a roupa da cama, as toallas e a roupa que empregaras. Tamén se deberá pasar a aspiradora a fondo por todos os pisos da casa. Outra forma de non contraela é evitando manter relacións sexuais ata que este seguro de que a túa parella deixou de tela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario