sábado, 8 de diciembre de 2012

Bacterias implicadas nas infeccións: Escherichia Coli

Escherichia Coli é quizáis o organismo procariota máis estudado polo ser humano. Trátase dunha enterobacteria que se atopa xeralmente nos intestinos animais e nas augas negras, pero pódese atopar aen todos lados xa que é un organismo ubicuo. Esta bacteria foi descrita por primeira vez en 1885 por Theodore von Escherich.
Ésta e outras bacterias son necesarias para o funcionamento correcto do proceso dixestivo, ademáis de producir as vitaminas B e K. É un bacilo que reacciona de forma negativa á tinción Gram, é dicir, é unha bacteria Gram negativa; é anaerobia facultativa, móbil por flaxelos perítricos que arrodean o seu corpo, non forma esporas e é capaz de fermentar a glicosa e a lactosa.
É unha bacteria utilizada moi frecuentemente en experimentos de xénetica e bioloxía molecular. Esta bacteria en individuos sanos, é dicir, se a bacteria non adquire elementos xéneticos que codifiquen factores virulentos,   actúa coma un comensal formando parte da flora intestinal e axudando á absorción de nutrientes. A Escherichia Coli coloniza o tracto gastrointestinal dun neonato adheríndose ás mucosidades do intestino groso no plazo de 48 horas tras a primeira comida.
A maioría das cepas de este microorganismo son inocuas e viven nos intestinos de seres humanos e animais, pero a cepa Escherichia Coli  O157:H7 produce unha potente toxina e pode causar enfermidades graves como o síndrome urémico hemolítico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario