miércoles, 12 de diciembre de 2012

Clasificación da Escherichia Coli

Os distintos tipos de Escherichia Coli son os seguintes:

  • Escherichia Coli enteropatoxénica (ECEP): esta cepa causa diarrea en humanos, coellos, cans e cabalos, pero a etioloxía e os mecanismos moleculares de colonización son diferentes. Non posúe fimbrias e non produce as toxinas ST e LT pero usan unha adhesina para adherirse ás células intestinais. Estas bacterias son moderadamente invasivas; penetran nas células hospedadoras provocando unha resposta inflamatoria. A causa principal de diarrea nos afectados por esta cepa son seguramente os cambios provocados na estructura das células intestinais.
  • Escherichia Coli enterotoxixénica ( ECET): parécese moito a vibrio cholerae, xa que se adhire á mucosa do intestino delgado, non a invade, e elabora toxinas que producen diarrea. Non hai cambios histolóxicos nas células da mucosa e moi pouca inflamación. Produce diarrea non sanguinolenta en nenos e adultos, sobre todo en países en vías de desenvolvemento, aínda que os países desenvoltos tamén se ven afectados.
  • Escherichia Coli enteroinvasiva (ECEI): é inmobil, non fermenta a lactosa, e invade o epitelio causando diarrea sanguinolenta en nenos e adultos. Libera o calcio en grandes cantidades impedindo a solidificación ósea, provocando artrite, e nalgúns casos arterioesclerose. É unha das E. Coli que causa máis dano debido á invasión que produce no epitelio intestinal.
  • Escherichia Coli enterohemorráxica ou verotoxixénica ( ECEH): a convención internacional de nomenclatura de patóxenos recomendou o uso de STEC( Shiga Toxin Escherichia Coli) para este grupo debido a que estas bacterias producen unha toxina citotóxica para as células Vero de cultivo. Estas producen verotoxinas que actúan no colon e os seus síntomas son: primeiro, colite hemorráxica, logo síndrome urémico hemolítico e por último, púrpura trombocitopénica trombótica
  • Escherichia Coli enteroagregativa ou enteroadherente ( ECEA): sólo se atopa en humanos, son chamadas enteroagregativas porque teñen fimbrias coas que algutinan células nos cultivos de texidos. Únense á mucosa intestinal causando diarrea acuosa sen hipertermia. Non son invasivas e producen hemolisina e unha enterotoxina ST similar á das enterotoxixénicas.
  • Escherichia Coli de adherencia difusa ( ECAD): se adhire á totalidade da superficie das células epiteliais e habitualmente causa enfermidade en nenos inmunolóxicamente non desenvoltos ou malnutridos. Non se demostrou que poida causar diarrea en nenos maiores dun ano de idade, nin en adultos nin anciáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario