domingo, 2 de diciembre de 2012

Tipos de Estreptococos: Streptococcus Pneumoniae

A pesares das enfermidades infecciosas que causan algunhas especies de estreptococo, outras non son patóxenas. Os estreptococos forman parte da flora saprófita da boca, pel, intestino e o tracto respiratorio superior dos humanos.
Por norma xeral, as especies individuais dos estreptococo clasifícanse baseándose nas súas propiedades hemolíticas.
Streptococcus Pneumoniae
Este é un microorganismo patóxeno capaz e causar en humanos diversas infeccións e procesos invasivos severos. Trátase dunha bacteria Gram positiva de 1,2-1,8  de lonxitude, que presenta unha forma oval e o extremo distal lanceolado. Posúe unha cápsula de polisacárido que permite a súa tipificación con antisoros específicos. É inmóbil, non forma endosporas e, é un membro alfa-hemolítico do xénero Streptococcus
Neumococo é un patóxeno case exclusivamente humano causante dun gran número de infeccións como neumonía, sinusitis, peritonitis,etc. , e de procesos invasivos severos como  meninxite, septicemia, etc , particularmente en anciáns, nenos e persoas inmunodeprimidas. Este é o principal microoganismo causante da Neumonía adquirida na comunidade( NAC).
O hábitat natural do neumococo é a nasofarinxe humana e a colonización ten lugar durante os primeiros días de vida.
Metabólicamente falando, o neumococo é un microorganismo microaerófilo, catalasa negativo, que se atopa dentro do grupo das bacterias ácido lácticas, xa que este é o principal producto resultante da fermentación de carbohidratos.
A identificación de neumococo lévase a cabo a través de tres probas:

  • A súa solubilización en presencia de sales biliares.
  • A súa sensibilidade á optoquina.
  • A reacción capsular frente a antisoros específicos ou "Quellung".
Hai distintos tipos de neumococos, e nos adultos, os tipos do 1 ao 8, causan case o 75% dos casos de neumonía neumocócica e máis da metade de todas as mortes por bacteriemia neumocócia. Nos nenos. os tipos 6,14,19 e 23 on a causa máis frecuente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario