martes, 11 de diciembre de 2012

Psoriasis.

É unha infeción cutánea común que provoca o enroxecemento da pel. A maioría das persoas que a padecen presentan parchos grosos de cor platexado-branco e escamoso,chamados escamas.

A psoriasis é moi común e pode padecela calquera, pero polo xeral preséntase enrtre os 15 e os 35 anos. Non é contaxiosa, polo que non se pode propagar a outras persoas. Parece ser un transtorno hereditario.





 Polo xeral as células cutáneas medran no profundo da pel e soben ata a superficie aproximadamente unha vez o mes. En persoas con psoriasis, este proceso é demasiado rápido e as células cutáneas mortas acumúlanse na superficie da pel.




Os seguintes factores poden desencadear un ataque de psoriasis o facer que a afeción sexa máis complexa de tratar:
  • Infecións bacterias ou virais, como a farinxitis estreptocócida e infecións das vías respiratorias altas.
  • Aire ou pel seca.
  • Lesión na pel, como cortaduras, queimaduras e picaduras de insectos.
  • Alguns medicamentos, entre eles antupalúdicos, betabloqueadores e litio.
  • Estrés.
  • Moi pouco luz.
  • Exceso de luz solar (queimaduras solares).
  • Exceso de alcohol.
Polo xeral a psoriasis pode ser grave en persoas cun sistema inmunitario debilitado, como os que padecen SIDA, trastornos aoutoinmunes ou quimioterápia pra o cancro.

TIPOS:
  1. Eritrodérmica: o enroxecemento da pel é moi intenso e cobre unha área grande.
  2. En gotas (guttata): aparecen pequenas manchas entre vermellas e rosadas na pel.
  3. Inversa: o enroxecemento e irritación da pel ocorre nas axilas, nas ingles e entre a pel superposta.
  4. En placa: parchos de pel vermellos e grosos cubertos pro escamas platexadas e brancas. Este é o tipo máis común.
  5. Pustular: ampoias brancas rodeadas de pel vermella e irritada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario