lunes, 10 de diciembre de 2012

Patoxenia da Escherichia Coli

A Escherichi Coli pode causar infeccións intestinais e extraintestinais xeralmente graves, como infección do aparato excretor, cistite , meninxite , peritonite , mastite , septicemia e neumonía Gram negativa.
A E. Coli está dividida polas súas propiedades virulentas, podendo causar diarrea en humanos e outros animais. Outras cepas causan diarreas hemorráxicas por virtude da súa agresividade, patoxenicidade e toxicidade. En moitos países xa houbo casos de morte con esta bacteria,; xeralmente pásalle a nenos de entre 1 e 8 anos.
A infección é causada xeralmente pola contaminación de alimentación y posterior mala cocción dos mesmos,é dicir, a temperaturas internas e externas menores de 70ºC.
As infeccións urinarias son as máis comúns en mulleres pola corta lonxitude da uretra en comparación coa dos homes, xa que nas mulleres é de 25-50 mm e nos homes é de 15 cm;  pero entre os anciáns, as infeccións urinarias tenden a ser da misma proporción entre mulleres e homes. Debido a que a bacteria entra no tracto urinario pola uretra, os malos hábitos sanitarios poden predispór unha infección, sen embargo, outros factores tamén son importantes como o embarazo, a hipertrofia benigna ou maligna de próstata, e en moitos casos o evento iniciante da infección é descoñecido. Aínda que as infeccións ascendentes son as causantes de infeccións do tracto urinario baixo e cistite, non é necesariamente ésta a causa de infeccións superiores como a pielonefrite , que pode ter unha orixe hematoxénica.
O uso de antibióticos é pouco eficaz e casi non se prescribe. Para a diarrea se suxire o consumo de abundante líquido e evitar a deshidratación. Cando unha persoa presenta diarrea non debe ir a traballar ou asistir a lugares públicos oara evitar o contaxio masivo. Sen embargo en algunhas patoloxías como a pielonefrite hai que considerat o uso dalgunha cefalosporina endovenosa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario