miércoles, 5 de diciembre de 2012

Tipos de Estreptococos: Streptococcus Viridans

Los Streptococcus Viridans son un gran grupo de bacterias que poden ser do tipo alfa-hemolítico ou ben do tipo non hemolítico. Se son do grupo alfa-hemolítico producen unha coloración verda nas placas de agar sangue.
Os Streptococcus Viridans distínguense do Streptococcus Pneumoniae mediante unha proba de optoquina xa que os estrptococos viridans son resistentes a esta substancia. As súas características morfolóxicas son que non posúen a cápsula de polisácaridos típica dos S. Pneumoniae nin os antíxenos de Lancefield, e ademáis, son insolubles en bilis. Estos microorganismos son moi abundantes na boca e poden colonizar a orofarinxe, o tracto gastrointestinal, o tracto genitourinario e raras veces a pel.
As infeccións producidas por estes microorganismos poden ser:

  • Endocarditis: isto ocorre se se introducen no torrente sanguíneo, cobre todo en individuos coas válvulas do carazón danadas; aínda que esta posibilidade atópase limitada a individuos con alteracións do sistema inmune.
  • Caries Dental

  • Otitis media

  • Empiema de senos nasais



A identificación das especies que pertencen ao grupo viridans realízase mediante características bioquímicas como por exemplo: a hidrólise da arxinina, a hidrólise da esculina, a producción de ácido a partires de manitol e sorbitol e a producción de ureasa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario