lunes, 3 de diciembre de 2012

Tipos de Estreptococos: Streptococcus Pyogenes

Streptococcus pyogenes é unha bacteria Gram positiva que crece en cadeas longas e que expresa o antíxeno grupo A da clasificación de Lancefield nas súas paredes celulares e fai hemólise do tipo beta-hemólise cando se cultiva en agar sangue.
S. pyogenes orixina enfermidades supurativas e non supurativas; aínda que este microorganismo é a cuasa máis frecuente de farinxitis bacteriana, a fama destes microorganismos débese ás enfermidades potencialmente mortais provocadas por estas bacterias comedoras de carne. Xeralmente produce grandes zonas de beta-hemólise, con completa rotura de eritrocitos e a recuperación de hemoglobina, por todo isto se lle coñece tamén co nome de Estreptococo beta-hemolítico do grupo A. Pode ser encapsulado, feito polo que é resistente á fagocitose, posee numerosas exotoxinas e é un microorganismo non esporulado.
O término MeSH define o S. pyogenes como una especie de bacterias gram positivas, bacterias cocoides aisladas de lesións na pel, sangue, exudados inflamatorios e o tracto respiratorio superior dos seres humanos. Trátase dun estreptococo que pode causar febre escarlata e febre reumática.
S. pyogenes asóciase a moitas enfermidades, algunhas moi importantes como farinxite estreptocócica ou  infeccións de pel por estreptococo( celulitis, erisipelas, impétigos, fascitis necrotizante). A farinxite pode complicarse coa aparición de un exantema difuso (escarlatina ), o que pasa con algunhas cepas de estreptococo. Outas enfermidades que pode causar son as seguintes: bartolinitis e síndrome de shock tóxico por estreptococo. Tamén pode causar enfermidade a través da reacción do sistema inmune, como a febre reumática e a glomerulonefrite postestreptocócica.


No hay comentarios:

Publicar un comentario