viernes, 21 de diciembre de 2012

O Nadal no hospital


Estas datas, son datas moi sinaladas para case todo o mundo, pero sobretodo para os pacientes hospitalizados, e en particular para os máis cativos.

A ilusión do nadal, a visita de Papá Noel, ou dos Reis Magos fan que vivan estas datas con gran emoción sobretodo, no momento de recibir os agasallos.

Hoxe en día existen en España multitude de centros hospitalarios nos que os esforzos por que o Nadal sexa unha data inolvidable para os pacientes máis cativos, son cada vez máis fructíferos.
Sen ir máis lonxe no Hospital "Niño Jesus" de Madrid levan facendo dende fai 30 anos unha cabalgata de reis na que os traballadores do centro se disfrazan e fan o reparto de agasallos.

E xa non só os máis cativos, senon en tódolos pacientes en xeral, o feito de estar hospitalizado nestas datas, adoita causarlles cadros de tristeza, morriña, desolación... e para iso, o principal tratamento que lle administraremos serán grandes doses de afecto e cariño.







Tipos de bacterias implicadas nas infeccións: Legionella

A Legionella é unha bacteria Gram positiva con forma de bacilo, que viven en augas estancadas con un amplo rango de temperatura. A presencia de materia orgánica favorece o seu crecemento e precisa de osíxeno para respirar e posee un flaxelo para desprazarse. No que concirne á taxonomía, existen 48 especies dentro do xénero Legionella e un total duns 78 serotipos dos cales o máis importante, polas suas complicacións médicas, é a especie Legionella pneumophila. Esta especie produce a enfermidade do lexionario ou  " Legionelosis". A infección por Legionella pode presentarse como neumonía típica ou como unha enfermidade febril sen focalización pulmonar denominada Febre de Pontiac. A bacteria para multiplicarse precisa estar dentro de amebas. A maior fonte de contaxio é o sistema de augas de grandes edificios, hoteis e hospitais, humidificadoras, máquinas de rocío, spas e fontes de auga termal. Os sitemas de aire acondicionado non son unha fonte relevante de Legionella.
A Legionella pode levar a complicacións pulmonares, os seus síntomas son fatiga, dificultade para respirar e en ocasións diarrea ou dolores musculares.
Esta bacteria pódese detectar por un simple examen de orina.
Algunhas das especies máis relevantes son as seguintes:
  • Legionella adelaidensis
  • Legionella anisa
  • Legionella beliardensis
  • Legionella birminghamensis
  • Legionella busanensis
  • Legionella brunensis
  • Legionella cherrii
  • Legionella cincinnatiensis
  • Legionella fallonii
  • Legionella feeleii
  • Legionella gratiana
  • Legionella geestiana
  • Legionella parisiensis
  • Legionella lytica
  • Legionella santicrucis

Tipos de bacterias implicadas nas infeccións: Serratia Marcescens

A Serratia marcescens é un bacilo Gram negativo da familia Enterobacteriaceae e pode ser moi perigoso para o home, xa que ás veces é patóxena como causa de infeccións nosocomiais e urinarias. É un bacilo motil que pode medrar a unha temperatura que oscila entre 5 e 40ºC, e en niveles de pH que varían entre 5 e 9. O ambiente no cal predomina é en condicións húmidas, por esa razón é posibe atopala medrando en baños e as alcantarillas, aínda que pode ser eliminada mediante e aplicación de lixivia e outros desinfectantes, pero sempre sen abusar das doses, porque senon a bacteria pode volverse inmune aos efectos dos desinfectantes.

Esta bacteria pode provocar conxuntivite, queratite e infeccións en feridas, riñóns e vías urinarias, así como infeccións respiratorias, meninxite e endocardite. Esta afecta especialmente a pacientes hospitalizados e a pacientes que teñen a inmunidade disminuída por enfermidades sistémicas ou tratamentos médicoinmunosupresores.

Patente dun novo método diagnóstico

Un grupo de investigadores do Instituto de Carboquímica (CSIC), da Universidade de Zaragoza e da Fundación Agencia Aragonesa para a Investigación e o Desenvolvemento, patentaron un novo método de diagnóstico 'in vitro' para a aspergillosis invasiva, que se trata dunha infección hospitalaria causada por fungos da familia Aspergillus que afecta a pacientes inmunodeprimidos principalmente (transplantados ou con tratamentos fronte ao cáncer).

Esta investigación basease na detección dun biomarcador, o bis-metil-tiogliotoxina no soro dos pacientes. Realízase co obxectivo de mellorar o retraso no diagnóstico desta grave enfermidade fúnxica co fin de reducir os seus altos índices de mortalidade.

Comezou en 2008 e foi avanzando co tempo nestes últimos anos coa colaboración sobre todo do Hospital Universitario Miguel Servet e o Canisius Wilhelmina (Nijmegen, Holanda).

Para coñecer o traballo e as conclusións, visita a revista 'Diagnostic Microbiology and Infectious Disease'.


Os nenos e as mascotas.

397 nenos nados no Hospital da Universidade de Kuopio foron estudados durante un ano. Os seus cubrían uns cuestionarios semanais relacionados coas enfermidades infantís e seu contacto cos cans.

Nun análisis de variables múltiples estableceuse que os nenos que teñen cans na casa eran máis sans que os que non tiñan contacto con eles, presentando un 30% menos de infeción respiratorias como tose, rinite e febre e un 50% menos de de infecións no oído. Ademáis estes necesitaban menos antibióticos durante o primeiro ano de vida que os menores sen contacto con mascotas peludas.














Estos resultados supoñen que o contacto con cans pode ter un efecto protector contra as infecións durante o primeiro ano de vida.

Caspa grasa.

Vai acompañada de seborrea e pode aparecer de forma espontánea ou pode surxir despois dunha caspa simple mal tratada ou que evolucionou neste tipo.

Identifícase a través dos seguintes síntomas:
  • As escamas son de un tamaño máis grande, grasosas e na maioría dos casos amarelas.
  • Adoitan estar no coiro cabeludo frontal.
  • Polo xeral forman placas, o adherirse o coiro cabeludo.
  • O coiro cabeludo adoita estar graso.
  • En ocasións preséntanse eritemas, que son lesións cutáneas que se identifican polo enroxecemento da pel.
  • Comeza picando de maneira moderada e vaise intensificando.
  • Pode provocar inflamción do coiro cabeludo.
  • O pelo ten un aspecto brillante e aceitoso.

jueves, 20 de diciembre de 2012

Sarampelo: Prevención


O sarampelo pode ser prevido coa vacina triple viral.
Esta vacina está recomendada para os nenos de 12 meses de idade, cunha segunda dose ós 6 anos.
Se unha persoa non recibiu unha segunda dose da vacina na idade recomendada, poderáselle administrar máis adiante, a calquera idade. As dúas doses de vacina normalmente proporcionan unha alta inmunidade.

O sarampelo a miúdo é máis frecuente en lactantes e adultos que en nenos. E ainda que non é frecuente, pode chegar a causar danos cerebrais ou mesmo a morte.
Por iso, é moi importante a vacinación contra esta enfermidade, nas doses indicadas e nas idades indicadas, desta maneira evitamos brotes innecesarios, e no caso de non estar vacinado, ou mesmo ter a dúbida, débese de facer unha seroloxia e vacinarse, pois trátase dunha vacina ben tolerada e de alta calidade.


Información sobre cursos de infeccións nosocomiais

No seguinte enlace dispoñedes de toda a información sobre algúns dos cursos que se van a impartir sobre infeccións hospitalarias e demais temas relacionados.
Picando no apartado de cursos, a man esquerda atopades varias seccións interesantes.

http://www.infeccioneshospitalarias.com/

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Sarampelo: Tratamento


Para o tratamento do sarampelo, non existe un tratamento específico que deteña o virus.
Os tratamentos dispoñibles están dirixidos ó coidado dos síntomas e das complicacións. E entre eles atópanse:




  • Paracetamol ou acetaminofenaco (Tyenol)
  • Repouso na cama 
  • Vaporizacións.



Algúns nenos poden necesitar suplementos de vitamina A, a cal reduce considerablemente os riscos de complicacións e morte, sobretodo nenos que viven en países menos desenvolvidos. Os déficits desta vitamina contuibúen á contraer este tipo de infeccións.




Datos estatísticos

A continuación, adxuntamos uns datos referidos a entradas pasadas, que graficamente mostran prevalencias e relacións das enfermidades nosocomiais:










Caspa.


 A caspa e a formación excesiva de folliñas ou costras da pel morta no coiro cabeludo. A pesar de que é normal que as células  de pel morran e formen folliñas, algunhas persoas, xa sexa crónicamente, ou como resultado de certas doencias, experimentas unha cantidade anormal de éstas, o cal adoita vir acompñada de prurito, enroxecemento e irritación. A maioría das casos poden ser tratados con un champú ou con remedios caseiros comúns.


A caspa tamén pode ser síntoma de seborrea, a psoriasis, a micosis ou pediculosis. É recomendable evitar rascarse excesivamente. Rascarse ata quebrar a pel pode aumentar o risco de infecións, particularmente de Staphylococcus aureus e estreptococos.


Enterobacteriaceae: Ecología

A maioría das especies poden aislarse do intestino do home e doutros animais, de ahí o seu nome enterobacteria( do grego enterón, intestino). Poden ser flora ou ser transitorias na cavidade bucal, nas rexións húmidas da pel, en especial no perineo, nas fosas nasais e nas vías xenitais femininas. Son abundantes na naturaza, en particular en medios húmidos e, por ser expulsadas polas heces, funcionan como mediadores epidemiolóxicos de salubridade e hixiene poblacional. No intestino, representan unha fracción importante da flora aeróbica, atópanse en grandes números no colón ( desde o cego ata o recto), donde contribúen á degradación de residuos alimenticios e á producción de gas intestinal como parte da fermentación.
A especie EscherichiA Coli ten unha función importante no control de outras especies intestinais, contituíndo cerca do 80% da flora aeróbica intestinal nuha concentración elevada na materia fecal. Outras especies de Enterobacteriaceae cunha presencia numerosa intestinal son Proteus e Klebsiella mentres que otras especies como Citrobacter, Hafnia, Providencia e Enterobacter están presentes de xeito irregular.
En certas oportunidades, os comensais do intestino poden resultar patoxénicos como oportunistas en infección surinarias, pulmonía, septicemia ou sobreinfeccións, en especial en inmunosuprimidos, no uso de certos antibióticos, desnutrición, etc.



Caraterísticas de Enterobacteriaceae

Na definición clásica dunha Enterobacteriaceae úsanse sete criterios básicos que son os seguintes:

  1. Son bacterias Gram negativas, a maioría son bacilos, outros cocobacilos e outros pleomórficos.
  2. Non son esixentes, son de fácil cultivo.
  3. Son oxidasa negativos, é dicir, que carecen da enzima citocromo oxidasa, pero cunha excepción, as Plesiomonas, que son oxidasa positivas,
  4. Son capaces de reducir nitrato en nitrito.
  5. Son anaeróbicos facultativos.
  6. Son fermentadores de carbohidratos en condicións anaeróbicas con ou sen a producción de gas ( en especial a glucosa e a galactosa) e tamén son oxidadores dunha ampla gama de substratos en condición aeróbicas.
  7. Moitos xéneros teñen un flaxelo que sirve para desplazarse, aínda que algúns xéneros non son móbiles.
Adicional a todo isto, as Enterobacteriaceae non forman esporas, algunhas producen toxinas, poden ser encapsuladas e son organismos catalasa positivos. Son quimioheterótrofos, e precisan compostos simples de carbono e nitróxeno para o seu crecemento, xeralmente só con D- glucosa, aínda que algunhas tamén precisan aminoácidos e vitaminas. A termperatura óptima  de crecemento está entre os 22ºC e os 37ºC. 
As diferenzas entre os nomes dos diversos xéneros proveñen de criterios máis precisos, como a fermentación dos diferentes azucres, a producción ou non de azufre, a presencia de enzimas metabólicas, etc. Os serotipos de importancia médica e sanitaria poden distinguirse entre sí pola presencia ou ausencia de antíxenos na súa constitución celular, tales como no lipopolisacárido ( antíxeno O), o antíxeno flaxelar ( antíxeno H) ou o antíxeno capsular ( antíxeno K).

martes, 18 de diciembre de 2012

Sarampelo: Diagnóstico

O diagnóstico clínico do sarampelo require unha historia de febre de polo menos tres días. A observación das manchas de Koplik é tamén un posible diagnóstico de sarampelo.
Manchas de Koplik

O contacto con outros pacientes infectados poden causar infección.

O máis común nos laboratorios é medir a resposta do paciente frente a infeción, xa sexa cunha seroloxía pra ver se o paciente posúe anticorpos de IgM de sarampelo, ou mediante o illamento do RNA do virus extraído dun exudado respiratorio.





Superficies de cobre en hospitais para previr as infeccións nosocomiais

Hoxe en día, son moitos os investigadores que intentan buscar novas maneiras de prevención da transmisión de patóxenos típicamente hospitalarios, como poden ser o Staphilococcus aureus ou Escherichia coli.
Un estudo recente demostra que o cobre elimina este tipo de patóxenos das superficies.

Especúlase que se as superficies de moitos obxectos hospitalarios tales como os pomos das portas, as barras das camas, etc. estivesen feitos de aleacións de cobre se preverían sobre o 80% das infeccións hospitalarias.
Tan só en Reino Unido, 300.000 persoas ao ano sofren unha infección deste tipo, levando a 5.000 á morte.
No caso de España a situación repítese, tendo en conta que a poboación española supón 2/3 da británica.


Tamén é importante resaltar que a resistencia aos antimicrobianos e a súa propagación mundial poñen en perigo a eficacia dun importante número de medicamentos que se empregan nos tratamentos das enfermidades infecciosas.

Tratamento do urzón.

  • Colocar compresas tibias por 10 minutos na zona afetada varias veces no día.
  • Non intentar sacar o urzón ou calquera prominencia que apareza no párpado, deixar que drene espontáneamente.
  • Aconséllase non utilizar maquillaxe mentras o urzón permaneza.
  • Nos casos de reaparición frecuente dos urzóns a utilización de ungüentos antibióticos pode ser de grande axuda.
  • Nos urzóns demasiado grandes pode ser preciso realizar unha incisión para que drene.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Conxuntivite. Tratamento

Podemos minimizar o malestar do ollo vermello empregando compresas frías sobre os ollos. Pero se nos atopamos nun caso severo de conxuntivite pode aliviarnos empregar gotas antiinflamatorias prescritas por un médico (oftalmólogo).

En caso de estar ante unha conxuntivite bacteriana, recetaránnos as gotas antibióticas, xeralmente. Non é distinguible fácilmente un caso viral dun bacteriano polo que é probable que nos receiten as mesmas gotas aínda que estemos ante un caso viral.

Se pola contra estamos ante unha conxuntivite alérxica, o tratamento adoita ser a aplicación de compresas frías sobre os ollos e o emprego de gotas antialérxicas, ao igual que bágoas artificiais enfriadas nun refrixerador.

Sarampelo: Síntomas


Os síntomas do sarampelo comezan tras o período de incubación, xeralmente a partir do 8º ó 12º día tras a exposición ó virus.

Os síntomas poden abarcar:

  • Rubosidade nos ollos
  • Tos
  • Febre (pode alcanzar os 40º)
  • Fotofobia
  • Dor muscular
  • Rinorrea
  • Dor de garganta
  • Pequenas manchas na boca: Manchas de Koplik
  • Erupción cutánea




A erupción aparece de 3 a 5 días despois dos primeiros síntomas da enfermidade, e pode durar de 4 a 7 días.
Comeza a miúdo cun sarabullo na cabeza que se vai extendendo corpo abaixo, rematando por cubrir a maior parte do corpo.
O sarabullo pasa de vermello a marrón escuro antes de desaparecer.
Aparecen máculas e pápuas. E xeralmente produce picazón.


Esta enfermidade, ainda que raramente, pode cursar varias complicacións como:
Diarrea, pneumonía, encefalite, ulceración corneal.... E adoitan ser máis severas en adultos que contraen o virus, que en nenos.




Urzón.

O urzón é unha inflamación da pálpebra, causada polo xeral por unha infeción de un ou máis folículos das pestanas na pálpebra. Os urzóns poden aparecer  na parte exterior da pálpebra (urzón externo) ou na parte interna (urzón interno).

URZÓN INTERNO.


Este é o tipo máis común de urzón. Trátase de un absceso ou úlcera na pel no borde da pálpebra. O absceso apunta hacía o exterior lexos do ollo.
Desenvólvese cando a área aredor da pestana ou glándula se infecta.

URZÓN EXTERNO.


Un urzón interno é un absceso ou forúnculo na parte interna da pálpebra. O absceso polo xeral apunta hacía adentro, hacía o globo ocular e desenvólvese cando a glándula de Meibomio se infeta.

As glándulas de Meibomio están no centro da pálpebra, xusto detrás das pestanas. Hai entre 50e 70 glándulas en cada pálpebra. Estas glándulas axudan a manter os ollos húmidos pola prevención da capa de auga sobre a superficie dos ollos  (as vágoas) se evapore.

Algunhas persoas teñen un ou dos urzóns a largo da sua vida, mentras que outras o desenvolven unha e outra vez.

Tipos de bacterias implicadas nas infeccións: Enterobacteriaceae

As enterobacteriáceas son unha familia de bacterias Gram negativas que conteñen máis de 30 xéneros e máis de 100 especies que poden ter morfoloxía de bacilos ou de cocos. Os membros desta familia forman oarte da microbiota do intestino( chamados coliformes) e de outros órganos do ser humano e doutras especies animais. Algunhas especies poden vivir en terra, en plantas ou en animais acuáticos. Sucumben con relativa facilidade a desinfectantes comúns, incluíndo nestes o cloro. Con frecuencia atópanse especies de Enterobacteriaceae na bio-industria, para os procesos de fermentación do queixo e productos lácteos, alcois, tratamentos médicos, producción de toxinas no uso de cosméticos, fabricación de axentes antivirais da industria farmacéutica, etc.
A presencia de Enterobacteriaceae no organismo é normal e determina a aparición de infeccións, cuxa gravidade depende do punto de entrada. Introducidas polos alimentos, provocan problemas intestinais ao adherirse e atravesar a barreira da mucosa gastrointestinal, manifestada por diarreas e deshidratación. Certas especies provocan patoloxías específicas como por exemplo:

  • A especie Salmonella typhi é a responsable da Febre tifoidea.
  • A especie Shigella dysenteriae é o axente responsable da disentería bacilar.
  • A especie Escherichia Coli enterotóxica é responsable da gastroenterite infantil.
  • A especie Yersinis pestis é a responsable da peste.
  • A especie Serratia marcescens é normalmente responsable de infeccións nosocomiais como resultado do tratamento nun hospital.
As Enterobacteriaceae inclúen a organismos que resultan patóxenos para o ser humano como por exemplo a Escherichia Coli ou a Salmonella, que son especialmente importantes na mortalidade infantil en países en desenvolvemento e patóxenos para as prantas como Erwinia, na maior parte dos casos causando infección oportunistas. Todos os bacilos deste tipo de bacterias son resistentes a antimicrobiáns comúns, tales como a penicilina, a meticilina, e a clindamicina, entre outros.

Klebsiella Pneumoniae

A Klebsiella Pneumoniae e a especie de maior relevancia clínica dentro do xénero bacteriano Klebsiella. Este bacilo foi descrito por Karl Friedländer e durante moitos anos coñeceuse como o " bacilo de Friedländer". Son bacterias tamén Gram negativas, capaces de fermentar a lactosa e ademáis tamén ten lugar a producción de gas. As súas condicións óptimas de cultivo son en agar nutritivo a 37ºC, pH de 7.0 e presión osmótica de 1 atm. Dentro de este xénero a máis implicada en infeccións nosocomiais é a Klebsiella Pneumoniae, esta é o axente causal de infeccións do tracto urinario, infeccións de texidos blando e infeccións de feridas cuirúrxicas. Son especialmente susceptibles os pacientes ingresados en unidades de cuidados intensivos, neonatos e tamén pacientes con EPOCdiabetes mellitus ou alcohólicos. Tamén hoxe en día, existe unha potente teoría que a relaciona coa espondilite anquilosante. Causa ao redo do 1% das neumonías bacterianas e pode causar condensación hemorráxica extensa do pulmón. Ademáis, en ocasións provoca infección do aparato urinario e bacteriemia a partir de lesións focais en paciente debilitados que pode terminar coa vida do paciente. Algunhas das complicacións máis frecuentes son o absceso pulmonar e o empiema. Tamén adoitan atoparse  nas infeccións da toracotomía para a realización de by pass ou revascularización coronaria.


domingo, 16 de diciembre de 2012

Conxuntivite. Prevención

Trátase dunha patoloxía que pode ser moi contaxiosa e é por iso que debemos lavar as mans con xabón antiséptico e utilizar toallas de papel. Debemos limpar suavemente os fluidos que saen dos ollos. Para disminuir a incomodidade que produce o picor e o escozor é convinte empregar compresas de auga tibia ou fría. Tamén debemos evitar maquillaxes e lentes de contacto.



É necesario acudir a un especialista para que sexan administrados os tratamentos oportunos: colirios ou pomadas con antibióticos xeralmente.



Sarampelo II

O virus do sarampelo é un Paramyxovirus do xénero Morbilivirus.

Mide apróxomadamente de 100 a 200 nm de diámetro, e o seu material xenético é ARN de cadea sinxela.




Este virus só afecta a humans, e o seu control e erradicación lévase a cabo mendiante a vacina axeitada.

O virus do sarampelo é fraxil frente a calor, a luz, a sequedade ambienal, un ph ácido, éter e tripsina, pois os virus con envoltura son máis febles a factores físicos e químicos.


Este virus ten un tempo curto de supervivencia no aire ou sobre obxetos e superficies, apróximadamente de dúas horas, particularmente cando o grado de humidade é baixo.





Síntomas e tratamento da varíola

SÍNTOMAS:

  • Dor de espalda.
  • Delirio.
  • Diarrea.
  • Sangrado excesivo.
  • Febre alta.
  • Fatiga.
  • Malestar xeral.
  • Erupcións cutáneas rosadas e levantadas que se transforman en úlceras que logo forman unha costra ó oitavo día ou ó noveno día.
  • Dor de cabeza forte.
  • Vómitos.
TRATAMENTO:


Si se aplica a vacina contra a varíola entre o primeiro e cuarto día despois da exposición á enfermidade, esta pode previla ou facela menos severa.

Non existe un fármaco específico para o tratamento da varíola. Algunhas veces suministránse antiobióticos para as infecións que se presentan en persoas que teñan esta enfermidade. Tomar anticorpos (inmunoglobulina de variolovacina) contra unha enfermidade similar a varíola pode axudar a reducir a duración da enfermidade.

É necesario illar inmediatamente ás persoas a quenes se lles diagnosticase a varíola e todo aqueles que estibesen  en estreito contacto con elas.

 

Varíola

É unha enfermidade contaxiosa e grave debida a un virus. Afecta sobre todo a nenos e adultos xóves e ós membros da familia que se infectan usualmente uns a outros.
A varíola propágase doadamente dunha persoa a outra por gotas de saliva. Tamén pode darse por contacto con sabas e roupa. É máis contaxiosa durante durante a primeira semana da infección e pode seguir sendo contaxiosa ata que caian as costras da erupción.

Hai 2 formas de varíola:
  •  A varíola maior é unha enfermidade grave que pode ser pontecialmente mortal en persoas que non fosen vacinadas.
  • A varíola menor é unha infeción máis leve que rara vez causa a morte.
Vostede é máis propenso a desenvolvela se:
  • É un empregado de laboratorio que manipule o virus(`pouco usual).
  • Está nun lugar donde se liberase o virus como arma biolóxica.

sábado, 15 de diciembre de 2012

Conxuntivite. Síntomas

Comezan por enroxecemento e lagrimeo. Existe ardor e a sensación de ter un corpo extraño dentro do ollo. A sensibilidade á luz é outro dos síntomas frecuentes.


Se se trata dunha infección bacteriana, o ollo descarga unhas mucosas amarelas ou verdes, sobre todo durante a noite, que poden pegar as pestanas.


Sarampelo

O sarampelo é unha enfermidade endémica, é dicir, que estivo continuadamente presente na comunidade, e á que moitas persoas desarrollaron resistencia. É causada por un virus, específicamente, o paramixovirus do xénero: morbillivirus.



O contaxio lévase a cabo por contacto con gotiñas provintes do nariz, boca ou garganta dunha persoa infectada, que poden sair mediante os esbirros, a tos, a fala....






Antes de que existira a vacina contra o sarampelo, era tan común na infancia que a maioría das persoas xa a padeceran con 20 anos.
Moitos pais negábanse a que os seus fillos fosen vacinados ca vacina triple viral (vacina que protexe contra esta enfermidade, a rubéola, e a parotidite), debido a unha serie de rumores que se infundaron de que dita vacina podía causar autismo, mais asi, tras realizar varios estudos, nucna se chegou a demostrar ningunha relación entre esta vacina e o desenrolo do autismo, é máis, o feito de non vacinar ós nenos pode levar a que se presenten brotes de sarampelo, parotidite e rubéola , enfermidades potencialmente graves da infancia.



viernes, 14 de diciembre de 2012

Rubéola: A CAMPAÑA CONTRA A RUBÉOLA

Despois de tratar durante éstos días a rubéola, adxúntolles uns vídeos sobre campañas contra a rubéola, que lles poden resultar entretidos:




Dermatite atópica na infancia.

Aqui vos deixo un vídeo donde obteredes toda a infomación que desexedes saber sobre a dermatite atópica na infacia.

 

 
Espero que vos sexa útil,  e con estes conselllos poidades axudar a previla e realizar unha boa cura dela.

Conxuntivite


É unha enfermidade que consiste na inflamación da conxuntiva do ollo. Isto pode ocorrer por unha reacción alérxica ao polvo, ao moho, á caspa animal ou ao pole. Tamén pode irritala o vento, o polvo, o fume e outras clases de axentes que producen polución do aire; ou pode aparecer debido a un resfriado común ou brote de sarampión.

Debemos ter coidado coa luz ultravioleta de soldaduras eléctricas de arco, coas lámpadas solares ou incluso coa intensa luz solar reflectida na neve, xa que poden irritar tamén a conxuntiva.




En caso de durar meses ou anos estamos ante problemas causados por procesos nos que o párpado se torce cara a fóra ou cara a dentro (ectropión ou entropión, respectivamente), problemas cos conductos lagrimais, sensibilidade a certos productos químicos, exposición a sustancias irritantes e infección por unha determinada bacteria (adoita tratarse da clamidia).

jueves, 13 de diciembre de 2012

Rubéola: Prevención

Para a prevención da rubéola existe unha vacina segura e efectiva. Esta, está composta polo virus vivo atenuado, de maneira que está contraindicada durante a xestación.

Adoitase administrar co nome de "triple viral" a cal é unha vacina combinada que protexe contra o sarampelo, as papeiras e a rubéola.
Unha única dose dela, xera inmunización permanente en máis do 95% dos caos.


Está recomendada nos nenos de entre 12 e 15 meses de idade, cunha segunda dose de reforzo normalmente ós  4 - 6 anos de idade, polo que forma parte do calendario actual oficial de vacinación dos nenos.

As mulleres en idade fértil, deben de realizarse unha seroloxía, pra ver o seu estado inmunolóxico contra a rubéola. No caso de que dese negativo, administrarémoslle a vacina, e deberán evitar quedar embarazadas durante, polo menos, 28 días despois da administración da mesma. Non obstante, non existen contraindicacións na administración da vacina durante a lactancia, nin en ser revacinado.





Non se deben vacinar: mulleres xestantes, persoas afectadas por cancro, persoas inmunodeprimidas, persoas con enfermidade febril activa, nin persoas cuxa inmunidade se vexa afectada por calquera tratamento de radiación.