sábado, 1 de diciembre de 2012

Aftas bucais.

Unha afta é unha úlcera ou chaga aberta e dolorosa na boca. Adoitan ser de cor branco ou amarelo, e están rodeadas por unha área vermella e brillante e non son cancerosas.

Estas son unha forma común de úlcera bucal e e pódense dar por fenómenos virais. Tamén poden estar ligadas a problemas co sistema inmnunitario (defensas) do corpo, aínda que tamén se poden desancadear por:
  • Estrés emocinal.
  • Falta de certas vitaminas e minerais na aliementación (como o Ferro, ácido fólico, vit B12).
  • Períodos menstruais.
  • Cambios hormonais.
  • Alerxias a alimentos.
Estas adoitan aparecer na superficie interiores dos carrillos e os beizos, a lingua, o velo do padal e a base das xinxivas.

Os SÍNTOMAS son:
  • Mancha ou protuberancia vermella e dolorosa que se transforma en úlcera aberta.
  • A parte media da úlcera é de cor branca ou amarela.
  • Polo xeral  pequena, non máis de 1 cm.
  • Antes de comezar a sandar pode tornar de cor grisáceo.
Tamén pode aparecer:
  • Febre.
  • Malestar ou indisposición xeral.
  • Ganglios linfáticos inflamados.
A dor adoita durar uns 7-10 días, pero poden pasar de 1 a 3 semanas ata que as aftas sanden por completo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario