jueves, 6 de diciembre de 2012

Mycobacterium Tuberculose

A Mycobacterium Tuberculose é o axente causal da tuberculose, unha das enfermidades máis contaxiosas e antigas que afectan ó mundo, producindo cada ano, arredor de 2 millons de mortes. 

Trátase de bacilos cuxa parede célular está composta, apróximadamente no 60% , de lípidos cun alto contido de micólicos, que lle da a súa principal característica: a acidoalcol resistencia.
É estremadamente resistente ós ácidos é ós álcalis, propiedade que se emprega para o seu illamento. 
A infección dase cando os suxeitos susceptibles inhalan os microorganismos.
Os bacilos tuberculosos logran alcanzar os alveolos, e son inxeridos polos macrófagos alveolares.
A infección prosegue si os bacilos escapan á acción bactericida desos macrófagos, e disemínase por vía linfátiva e hematóxena, antes de que se desarolle unha resposta inmunolóxica efectiva.

Na actualidade ainda non se coñece con claridade cales son os principais factores de virulencia involucrados na patoxenicidade do microorganismo, mais non debemos baixar a garda. A  tuberculose considérase unha enfermidade reemerxente como consecuencia da aparición de cepas multirresistentes ós fármacos tradicionalmente empregados para o cese da enfermidade. Representa a primeira causa de morte en pacientes con SIDA. 
Estímase que un tercio da poboación mundial está infectada co bacilo da tuberculose, constituíndo un reservorio a partir do cal se poden chegar a producir futuros casos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario