domingo, 9 de diciembre de 2012

Escherichia Coli O157:H7

A Escherichia Coli O157:H7 é unha dos centos de cepas de Escherichia Coli  que foi recoñecida como causa de enfermidade en 1982 durante un brote de diarrea aguda con sangue en EE.UU. Determinouse que o brote debíase a hamburguesas contaminadas; dende entón, a maioría das infeccións proveñen de comer carne de vacuno insuficientemente cociñada.
En 1996, cerca de Seatlle tivo lugar un brote a causa desta bacteria, que se atopou en botellas de zumo de mazá da marca Odwalla Inc. Moitas persoas, entre elas bebés e nenos, morreron tras tomar este zumo. A bacteria entrou nas botellas porque as mazás que se exprimiron contiñan excrementos de venados da zona e non houbo ningún tipo de pasteurización.
Esta diferénciase das outras Escherichia Coli en que non fermenta o sorbitol, non crece a 44ºC e non  produce beta-glicoronidasa. A combinación de letras e números no nome da bacteria refírese aos marcadores antixénicos específicos que se atopan na súa superficie e que a distinguen doutros tipos de E. Coli :

  • O antíxeno somático O, que provén do lipopolisacárido da parede celular.
  • O antíxeno flaxelar H, formado por 75 polisacáridos.
O grupo de risco comprende a todas as persoas, inmunocompetentes ou non. Os nenos menores de 5 anos de idade con problemas de alimentación, así como os anciáns son os máis susceptibles de sufrir complicacións graves. As persoas infectadas por esta bacteria con moi contaxiosas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario