sábado, 1 de diciembre de 2012

Apósitos para UPP

Tras realizar os coidados nas úlceras por presión, debemos colocar un apósito axeitado para cada lesión,de maneira que se manteñan unhas condicións de humidade e temperaturas óptimas, e se trate de maneira axeitada a infección, ou preveña a súa aparición.

Existen moitos tipos de apósitos, e entre os máis importantes e utilizados destacan:

  • Carbón: Apósito desodorizante e lixeiramente bactericida.
  • Prata: É un apósito bactericida. Solta plata pouco a pouco e vai eliminando microorganismos.
  • Alxinato: Hemostásico. Utilízase cando a lesión é sangrante.
  • Hidroxel: Humedece a zona. Debe porse tan só, na zona necrótica.
  • Fibras coloides: Absorbe líquido e convírteo en xel, de maneira que ainda que se presione sobre a zona, non devolve o líquido.
  • Espumas: Absorben líquido, pero ca presión devólveno, por iso adoitanse por como complementos doutros. Xeralmente adoita colocarse encima das fibras coloides.
  • Inhibidor MPN: Ponse cando se sospeita dun alto  número de metaloproteasas de matriz. De maneira que a lesión está curando axeitadamente e de súpeto deixa de facelo, sin amosar síntomas de inflamación nin de infección.
  • Mallas: Reducen a dor. Son apropiadas en queimaduras.
  • Hidrocoloides e hidrocoloides finos: Son apósitos destinados na súa maioría á protección da lesión. Non se deben poñer si existe infección.


No hay comentarios:

Publicar un comentario