martes, 4 de diciembre de 2012

Diagnóstico da tuberculose

A tuberculose, empézase a manifestar con síntomas como a tos(as veces con espectoración de moco), expectoración sanguilonenta, fatiga, malestar en xeral, sudoración abundante (xeralmente pola noite), pérda de peso, febre.....tamén pode darse dificultade respiratória, dor torácico, silbilancias... 

Cando os bacilos da tuberculose, entran no organismo, desencadéase a resposta inmune do paciente.
O seu diagnóstico lévase a cabo mediante a proba da tuberculina, tamén chamada, a proba do Mantoux. Ésta proba, é o principal método no diagnóstico da enfermidade.
 Foi normalizada pola OMS no ano 1964, e baséase na capacidade da micobacteria de inducir á reacción de hipersensibilidade, entre a 2º e a 12º semana. Consiste na administración intradérmica ( no antebrazo), dun derivado proteínico do bacilo, a inxección do contido debe ser lenta e coidadosa conseguindo unha ampola do tamaño dunha lentella, o que nos indica que a proba está ben realizada. Identificamos a zona de punción cun círculo rotulado arredor da pápula. Ás 72 horas da súa administración valórase a reacción local xerada, e anotamos o diametro final:


Se o resultado é positivo, indica que o individuo estivo en contacto co bacilo. 
Existen outros métodos para o diagnóstico da tuberculose como o cultivo de esputo. Para a súa recolleita, é importante mencionarlle ó paciente que manteña a mostra no frigorifico, e que o envolva en papel de aluminio para evitar que lle dea a luz, pois trátase dun bacilo fotosensible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario