miércoles, 5 de diciembre de 2012

Tipos de Estreptococos: Streptococcus Salivarius

Streptococcus Salivarius é unha especie de bacterias esféricas gram  positivas que coloniza principalmente a boca e a zona respiratoria superior de seres humanos algunhas horas despois do nacemento, polo que a exposición adicional a estas bacterias é inofensiva. Considéranse un patóxeno oportunista, atopándose raramente na circulación sanguínea, onde estivo en moitos casos implicada de septicemia en persoas con neutropenia.
As bacteriemias por S. salivarius son raras en individuos sans pero a súa frecuencia aumenta en inmunodeprimidos. A aglutinación do S. Salivarius aparece frecuentemente no diagnóstico da pulmonía anormal causada por Haemophilus influenzae. A temperatura óptima para o crecemento deste  microorganismo é de 37 ºC, e, ademáis, este é un microorganismo homofermentativo e poductor de ácido láctico xunto con dióxido de carbono e alcohol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario