lunes, 3 de diciembre de 2012

Prevención da tuberculose

A tuberculose é unha enfermidade de transmisión aérea. Transmítese  a través dos aerosois xerados nas vías respiratorias altas, e dos núcleos deshidratados das microgotas que expulsa o infectado ó falar, toser, esbirrar, rir, ou chorar...
Isto contaxia ós que están ó seu arredor, por iso é importante proceder co illamento. Mais así, seguen sendo necesarias, medidas de prevención, pola nosa propia saúde, e pola dos que nos rodean, pois os bacilos expelidos poden persistir máis dun día en ambientes non ventilados.

O obxetivo é filtrar o aire inspirado polo persoal sanitario en contacto con estos pacientes, e nos pacientes, previr a expulsión no ambiente dos bacilos infecciosos. Pra iso, faremos uso da máscara en ambos casos:

Na protección do paciente infectado, é importante o uso da máscara, para disminuir a probabilidade de contaxio dos que o rodean, á marxe de que estén provistos de máscara, ou non.

Na protección do persoal sanitario, o uso de máscara, axuda a previr a enfermidade da propia persoa, e dos que o rodean, pero sobretodo, e o máis importante,axuda a previr a enfermidade no resto dos pacientes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario