martes, 4 de diciembre de 2012

Batas e pixamas portadores

Sabemos que o instrumental ou material hospitalario, as mans do persoal, etc, son transmisores directos das infeccións nosocomiais. Pero... que ocorre coa vestimenta de médicos, enfermeiros, celadores, auxiliares...?

A resposta obtémola no estudo realizado por "Nursing and physician attire as possible source of nosocomial infections" no que se buscan as bacterias que viven nas prendas comunmente empregadas polo persoal sanitario: batas, pixamas...

A porcentaxe de roupa infectada e colonizada por bacterias "potencialmente patóxenas" é do 60%.
Se temos en conta que as zonas con maior infección son os petos e a zona abdominal e lle sumamos unha hixiene inadecuada de mans, obtemos que a porcentaxe é moi elevada.
E ti, cando te mudas?


No hay comentarios:

Publicar un comentario