miércoles, 12 de diciembre de 2012

Rubéola: Diagnóstico


O disgnóstico da rubéola dase primeiramente polos seus síntomas, máis en moitos casos este método pode dar lugar a falsos positivos, ou falsos negativos.

O diagnóstico da enfermidade non adoita ser doado, pois as erupcións son leves, e de curta duración, e os demáis síntomas pódense confundir cun síndrome gripal. Por iso, pra o seu diagnóstico é axeitado un cultivo do exudado farínxeo ou nasal do paciente. (Facemos un exudado farínxeo ou nasal, dado que no período de incubación de 16 a 23 días, as células infectadas localízanse e multiplícanse nestas zonas principalmente).

Podemos facer un  análise de sangue pra ver si a persoa está protexida contra a rubéola, e se este resulta negativo, administrarémoslle a vacina antirubéola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario