jueves, 13 de diciembre de 2012

Bacterias implicadas nas infeccións: Klebsiella

A Klebsiella é un xénero de bacilos Gram negativos inmóbiles que pertencen á familia Enterobacteriaceae. O xénero Klebsiella está formado por varias especies, entre as que se atopan a K. pneumoniae, K.oxytoca, K.plantícola y K. terrígena. A capa máis externa de Klebsiella spp. está formmada por unha gran cápsula de polisacáridos que os diferencia doutros xéneros de esta mesma familia. Aproximadamente do 60 ao 80% dos microorganismos do xénero Klebsiella aislados de mostras de heces e clínicas son K. pneumoniae e dan positivo na proba de coliformes termotolerantes.
Détectanse estas bacterias en pacientes de hospitais, estando a transmisión asociada coa manipulación frecuente dos pacientes, por exemplo en unidades de cuidados intensivos. As persoas expostas a un risco maior son as persoas son sistemas inmunitarios poco activos, como os anciáns, os pacientes con queimaduras ou feridas extensas, os que están sendo sometidos a tratamentos inmunodepresores ou os afectados polo VIH.
Klebsiella spp. está presente de forma natural en moitos ambientes acuáticas y poden multiplicarse e alcanzar concentracións elevadas en augas ricas en nutrientes, como residuos de fábricas de papel, prantas de acabado textiles e operacións se procesado de caña de azucre. Estes microorganismos poden proliferar en sistemas de distribución de auga, e sábese, que colonizan as arandelas dos grifos. Tamén son excretados nas heces de moitas persoas e animais sanos, e detéctanse con facilidade en augas contaminadas por augas residuais.
Hai tres tipos de Klebsiella que ten distintos efectos no organismo:
  • K. pneumoniae: provoca infeccións do tracto urinario, septicemia e infeccións de texidos blandos. 
  • K. ozaenae: provoca rinitis atrófica.
  • K. rhinoscleromatis: provoca infeccións en vías respiratorias, causando rhinoescleroma ou escleroma
As especies do xénero Klebsiella son fixadoras de nitróxeno e son ubicuas na natureza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario