jueves, 6 de diciembre de 2012

Tipos de Estreptococos: Streptococcus Bovis

O Streptooccus Bovis é un estreptococo que vive nos intestinos de moitos rumiantes pero que tamén é parte da flora intestinal humana. Esta bacteria non causa problemas a non ser que haxa algúns defectos da saúde da persoa para provocar unha infección por este microorganismo. Transmítese ao ser humano a partires das heces, auga e alimentos de orixe alimentario.
S. Bovis é un microorganismo que crece en agar-sangue a 35-37ºC en atmósfera rica en dióxido de carbono, onde forma colonias tipicamente no hemolíticas de 1-2 mm de diámetro. Ao igual cos enterococos, desenvólvese ben en medios con bilis ao 40%  e hidroliza a esculina.Por outro lado, son capaces de fermentar o manitol e producir glucano a partires da sucrosa.
Esta bacteria adoita ocasionar principalmente unha septicemia que pode ser asociada cunha endocarditis a menudo. Cando entra no torrente sanguíneo, adoita ocasionar infeccións por diversas partes do corpo. Pode ocasionar meninxite e espondilodiscitis acompañado da endocarditis e da septicemia. Tamén pode ocasionar enfermidades nosocomiais como unha septicemia debido a unha hemodiálise.
O aislamento de S. Bovis en hemocultivos de pacientes con ou sin endocarditis relacionase estreitamente con neoplasias ou lesións premalignas intestinais. Moitos dos individuos diagnosticados con infeccións sistémicas por S. Bovis teñen unha concomitante lesión maligna do colon.

No hay comentarios:

Publicar un comentario