viernes, 23 de noviembre de 2012

Xornada do Hospital Gregorio Marañón e Fundación Ciencias de la Salud

O pasado 15 de novembro, tivo lugar a xornada "Gasto de la infección nosocomial o cómo mejorar la calidad", organizada polo Hospital General Universitario Gregorio Marañón de Madrid e a Fundación de Ciencias de la Salud, en colaboración coa Fundación Rafael del Pino e o apoio de GlaxoSmithKline (GSK), na que participou o xefe do servizo de Microbioloxía Clínica e Enfermidades Infecciosas do mesmo, Emilio Bouza.
(Para maior información, picar na imaxe adxunta.)

Este acto pretendía informar e concenciar de que a redución das infeccións nosocomiais pode conseguir un aforro moi sustancial no Sistema Nacional de Saúde (SNS), debido a que estas enfermidades se desenvolven como consecuencia de complicacións nos procesos aos que son sometidos os pacientes.

O experto Emilio Bouza interviña defendendo que se trata dun tema de vital relevancia, xa que estas infeccións son moi importantes pola súa morbilidade, mortalidade e gasto asociado e, así mesmo, recordaba que a incidencia destas infeccións serve como marcador da seguridade do paciente e da calidade dun hospital.

"A disminución da súa incidencia pode traer consigo un aforro moi sustancial para o Sistema Nacional de Saúde. Así, por exemplo, unha bacteriemia asociada a catéter cústalle ao noso sistema sanitario preto de 18.000 euros por episodio, mentras que o gasto asociado a unha diarrea por clostridium difficile oscila entre os 5.000 e os 8.000 euros aproximadamente" recalcou.

Bouza insistiu en que realizar un bo control da infección nosocomial é un dos poucos mecanismos que aforra diñeiro ao sistema sanitario ao tempo que incrementa a calidade deste. E así solicitou que se pase a implantar no maior nivel posible sistemas de prevención organizados para permitir reducir as cifras de incidencia deste problema.

Datos do estudo 'Epine 2011' indican que un 6,3% dos pacientes hospitalizados en España no último ano sufriron unha infección durante o seu ingreso, sendo esta a tasa máis baixa dos últimos 20 anos. Nesta última edición participaron 287 hospitais de agudos de toda España e un total de 61.222 pacientes.



"As cifras son moi similares ás doutros países europeos onde tamén se están facendo importantes esforzos en relación co control das infeccións nosocomiais", concluiu o especialista.



No hay comentarios:

Publicar un comentario