miércoles, 28 de noviembre de 2012

Bacterias implicadas nas infeccións: Staphylococcus aureus

STAPHYLOCOCCUS  AUREUS
El Staphylococcus aureus é unha bacteria anaerobia facultativa, gram positiva, productora de coagulasa, catalasa, inmóbil e non esporulada. Atópase distribuida por todo o mundo e pode xerar un gran numero de enfermidades que van,dende infeccións cutáneas e das mucosas relativamente beningnas como por exemplo, foliculite, forunculose o conxuntivite; ata enfermedades de risco vital como abscesos profundos, osteomielite, meninxite, sepsis,endocardite ou neumonía.
Na actualidade este microorganismo atópase como o principal causante das infección nosocomiais, e isto débese en parte,ao feito de que esta especie habita tanto nas mucosas como na pel dos seres humanos, o que fai que sexa fácil,penetrar no torrente sanguíneo do paciente a través de feridas cirúrxicas por medio do contacto directo ou indirecto co persoal sanitario, cun obxecto contaminado ou incluso con outro paciente.
As cepas habituais de esta bacteria son resistentes á penicilina, polo que os antibióticos máis eficaces para combatilos son os aminoglucósido, as cefalosporinas, a oxacilina ou a nafcilina.
O principal grupo se risco son pacientes hospitalizados ou inmunocomprometidos. Pénsase que cerca de 2 mil millón de persoas foron colonizadas por este microorganismo, e é que, de feito, os seres humanos somos un reservorio natural de S.Aureus. Esta bacteria forma parte da microbiota normal do ser humano e os seus lugares de colonización selectiva son: as narinas, os pregues intertrixinosos, o perineo, as axilas e a vaxina. As persoas colonizadas teñen un maior risco de sufrir infeccións, e a colonización dáse preferentemente en:
  1. Persoas con diabetes tipo 1.
  2. Usuarios de drogas intravenosas .
  3. Pacientes con hemodiálise .
  4. Pacientes cirúrxicos .
  5. Persoas con SIDA .
Hai unha serie de factores de risco que predispoñen a infeccións graves por S. Aureus :
  • Defectos na quimiotaxis de leucocitos ( como por exemplo Síndrome de Down )
  • Defectos na opsonización por anticorpos
  • Defectos na fagocitose
  • Lesións cutáneas
  • Presenza de corpos extraños
  • Infección por outros axentes
  • Algunhas enfermidades crónicas
  • Consumo de antibióticas

No hay comentarios:

Publicar un comentario