jueves, 29 de noviembre de 2012

Reaccións adversas asociadas ao uso de guantes

Os guantes poden producir fenómenos alérxicos, tanto ao látex como aos diferentes lubricantes que teñen incorporados.

-DERMATITIS DE CONTACTO IRRITATIVA:
É a dermatitis máis frecuente e caracterízase pola aparición de zonas irritadas na pel, fundamentalmente nas mans dos portadores de guantes. Estas reaccións non inmunolóxicas débense ao efecto irritativo de lavados repetidos de mans, uso de deterxentes ou polo polvo engadido aos guantes.

-DERMATITIS ALÉRXICA DE CONTACTO:
É unha reacción de hipersensibilidade retardada, que aparece un ou dous días despois do contacto co guante e desaparece despois duns días se desapareceu o contacto co alérxeno. Está producida polos aditivos químicos empregados comunmente na fabricación dos productos de látex: aceleradores da vulcanización que facilitan a flexibilidade e elasticidade (tiuranos, carbamatos, tiurea, etc.) e antioxidantes que facilitan a resistencia do látex.

Neste caso, os guantes que se deben utilizar son:

  • Sintéticos, como o vinilo ou nitrilo.
  • Tricapa, formados por unha capa externa de látex, unha capa intermedia formada por unha mezcla de látex e material sintético (nitrilo) e unha capa interna, que é a que está en contacto coa man, composta de material sintético (nitrilo).
-REACCIÓNS DE HIPERSENSIBILIDADE INMEDIATA (ALERXIA AO LÁTEX):


 Son reaccións inmunolóxicas, mediadas por IgE e producidas polas proteínas do látex. Aparecen 10 a 15 minutos despois do contacto con látex e cursan con picor, enroxecemento e habóns nas zonas de contacto. A urticaria de contacto é a manifestación máis frecuente e precoz da alerxia ao látex, especialmente en persoal sanitario. Debido ao aumento no uso de guantes de látex, a urticaria de contacto aparece cada vez con maior frecuencia.

A inhalación de partículas de látex fixadas ás partículas de polvo que levan os guantes e que poden permanecer en suspensión, facilita a permanencia de alérxenos no ambiente e pode producir rinitis e asma nas persoas sensibilizadas ao látex. A maioría destes pacientes son atópicos, con historia previa de rinitis ou asma alérxico por pólenes, ácaros ou epitelio de animais. Non obstante, a rinitis e o asma por látex poden aparecer como un fenómeno illado en suxeitos sen antecedentes alérxicos.
As persoas alérxicas ao látex poden presentar anafilaxia tras o contacto con obxectos de látex, como catéteres, preservativos, cánulas para enemas, ciruxía de intervención dental, exploración xinecolóxica, etc.

Neste caso, os guantes que se han de empregar serán sintéticos (neopreno).

No hay comentarios:

Publicar un comentario