jueves, 22 de noviembre de 2012

INFECCIÓNS NOSOCOMIAIS. Definición.

As chamadas enfermidades ou infeccións nosocomiais son definidas pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como aquelas infeccións contraídas nun hospital ou noutro establecemento de atención de saúde por un paciente internado por unha razón distinta desa infección, no cal non se manifestara nin estaba en período de incubación no momento do internamento.
Neste tipo de patoloxía inclúense tamén ás infeccións ocupacionais do persoal do establecemento (persoal sanitario).

O contaxio hospitalario consiste na propagación dunha enfermidade por insuficiencia de esterilización ou falta de antisepsia, poñendo en contacto de forma involuntaria, microorganismos patóxenos con persoas, dentro dunha instalación hospitalaria ou centro de saúde.

Estas infeccións son frecuentes en hospitais de todo o mundo polo propio ambiente hospitalario onde se ven introducidos todo tipo de microorganismos, incluidos os das visitas, e atopan un medio favorable para o seu desenvolvemento.




No hay comentarios:

Publicar un comentario