sábado, 24 de noviembre de 2012

Neumonía intrahospitalaria

A neumonía nosocomial defínese como unha infección do parénquima pulmonar, a cal foi adquirida durante a estancia no hospital.Esta prodúcese como consecuencia da invasión bacteriana do tracto respiratorio inferior. Adoita aparecer tras as 48-72 horas do ingreso hospitalario ou dentro dos 7 días posteriores a alta.

 Dentro de esta definición tamén se inclue a neumonía nosocomial asociada a ventilación pulmonar que adoita aparecer en pacientes que levan máis de 48 horas sometidos a este tipo de ventilación.

O momento no que esta se desenvolve é crucial pra definir o tipo de etioloxía bacteriana e a súa evolución. Por iso distinguimos entre:
  • Neumonía nosocomial temperá: producida entres as 48-96 horas despois do ingreso.
  • Neumonía nosocomial tardía: desenvólvese mías tarde, causada por patóxenos que colonizan a orofarinxe durante o ingreso.
Os principais factores de risco que provocan a aparición dunha neumonía nosocomial son: alcalinización gástrica, aspiración de secrecións orofarínxeas, administración previa de antibióticos, sondaxe nasogástrico, malnutrición, circuítos do respirador, días de estancia na UCI, dispositivos invasivos tales como sondaxes, catéteres etc, posición supina, hiperdistensión gástrica, enfermidades crónicas etc.

O  mal manexo do paciente, sin as medidas de asepsia e antisepsia básicas, como son o uso de luvas para a manipulación, lavado de mans, uso de mascarillas, o illamento e o adecuado manexo dos equipos de esterilización facilitan ainda máis a aparicion deste tipo de infección nosocomial, a cal é a segunda causa de infección nosocomial que xera o 15% de infeccións hospitalarias.

A mortalidade da neumonía nosocomial en pacientes ventilados alcanza o 30-50%, con unha mortalidade atribuible que oscila entre o 10-50%, pois esta infeción intrahospitalaria é a que produce a maior tasa de morbi-mortalidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario