lunes, 26 de noviembre de 2012

Bacterias implicadas nas infeccións: Clostridium

CLOSTRIDIUM DIFFICILE
Clostridium Difficile é un bacilo anaerobio, gram positivo e esporulado, descrito por primeira vez en 1935, aínda que a relación entre este organismo e a diarrea asociada a antibióticos non se realizou ata finais de década dos anos setenta.
A incidencia da infección por C.D. foi aumentando progresivamente nas últimas décadas e na actualidade considérase a primeira causa de diarrea nosocomial en países desarrollados, nos que hai grandes dificultades para a súa erradicación no medio hospitalario.
Os pacientes anciáns atópanse especialmente predispostos polos cambios do aparato dixestivo asociados á idade xunto coas características propias do envellecemento, e esta población, é a principal afectada, ata un 80% dos casos.
A secuencia para o desenvolvemento de diarrea por C.D. é a seguinte:

  1. Alteración da flora intestinal
  2. Exposición e colonización por Clostridium Difficile.
  3. E finalmente a producción de enzimas que indican reacción inflamatoria aguda
A infección por C.D. pode producir un amplo número de manifestacións clínicas, dende portadores asintomáticos hasta diarrea leve-moderada, colitis pseudomembranosa e incluso megacolon tóxico.
O período de incubación da enfermidade tras a colonización non está claro, pero estímase que sudece en menos dunha semana.
A existencia de portadores asintomáticos é moi frecuente entre os pacientes hospitalizados, afecta ata un 10-16% destes.




No hay comentarios:

Publicar un comentario