domingo, 25 de noviembre de 2012

O estetoscopio como vector da infección nosocomial

Co obxectivo de determinar os microorganismos que poden illarse das membranas dos estetoscopios do persoal sanitario do Servizo de Urxencias, coñecer que antisépticos disminúen dita contaminación e valorar con que frecuencia se limpan os estetoscopios, o Servizo de Urxencias e Microbioloxía do Hospital La Candelaria de S. C. de Tenerife realizou un estudo que resumimos a continuación:


Métodos: Diseñouse un estudo transversal antes-despois. Os suxeitos en estudo foron os estetoscopios dos médicos e enfermeiros do Servizo de Urxencias. O cultivo realizouse presionando as membranas dos estetoscopios en placas de agar-sangue. De forma aleatoria, seleccionáronse 49 estetoscopios para o estudo antes e despois da súa limpeza con tres axentes antisépticos: alcohol 96º, alcohol propílico e xabón. Analizáronse os microorganismos illados, a proporción de cultivos positivos e negativos antes e despois da limpeza, e realizouse unha enquisa sobre a frecuencia de limpeza do estetoscopio.

Resultados: Examináronse 122 estetoscopios. A maioría deles estaban colonizados por flora habitualmente presente na pel. Tamén se illaron microorganismos potencialmente patóxenos: S. aureus, Acinetobacter sp. e Enterobacter agglomeraus. O producto de limpeza máis efectivo foi o alcohol propílico. Ao analizar os hábitos de limpeza, o 45% deles limparon os seus estetoscopios anualmente ou nunca e só un 35% o limpou mensualmente.

Conclusión: As membranas  dos estetoscopios empregados polos médicos e enfermeiros do servizo de urxencias están colonizados por bacterias. Aínda que non estudiamos a colonización da pel dos pacientes hospitalizados, este estudo pode ter implicacións clínicas relevantes. O illamento de microorganismos potencialmente patóxenos suxire que o estetoscopio debe ser considerado como un vector da infección nosocomial non só en urxencias senón tamén no resto do hospital.





No hay comentarios:

Publicar un comentario