sábado, 24 de noviembre de 2012

Novo producto de limpeza para prevención

No seguinte vídeo atopamos algúns datos de interese internacional sobre as infeccións nosocomiais que nos fan dar de conta da importancia deste tema.
Así mesmo, ofrécennos información sobre un novo producto de limpeza que parece ser unha das respostas para frear o crecemento dos axentes microbianos responsables das infeccións intrahospitalarias. Este producto elaborado no sur de Francia é pioneiro no sector da prevención de estas enfermidades e conta co aval de grandes organismos internacionais como a OTAN, xa que é aplicable a todo o ámbito médico ou paramédico.
No vídeo aparece o exemplo dunha gardería francesa que emprega o producto e conclúe deixando pé á propia opinión de cadaquén sobre que non podemos olvidar, como recoñecen certos expertos, que tratándose de certos xérmenes en certos lugares (como o caso da gardería) a exposición aos mesmos ás veces é necesaria para procesos inmunolóxicos no individuo.

Esperamos que o disfrutedes e vos achegue información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario