domingo, 25 de noviembre de 2012

Úlceras por presión (UPP)

Unha úlcera por presión é unha lesión da pel e tecidos subxacentes producidas por unha presión prolongada sobre a pel. Isto conleva á isquemia, e a isquemia, á morte celular.
Sucédelles a pacientes con movilidade limitada ou reducida, debido a que están durante moito tempo encamados ou sentados. A principal causa da presión é o propio peso do paciente sobre as zonas nas que se apoia. 
Ademais da presión, existen outros factores que poden facilitar a aparición de úlceras por presión, como son, a idade, o estado nutricional, o estado da pel, a humidade, a movilidade e a sensibilidade, e a fricción e cisalla na cama. Cantos máis factores actúen, e durante máis tempo, máis probabilidades hai de que apareza unha úlcera por presión.
Éste tipo de lesións adoitan aparecer en zonas de prominencias óseas que se apoian directamente na cama ou o sillón, ainda que tamen poden aparecer nas zonas de roces de certos dispositivos, como as sondas vesicais, as nasogástricas, as mascarillas, gafas de osixeno...   


No hay comentarios:

Publicar un comentario