viernes, 23 de noviembre de 2012

Lugares de infeccións nosocomiais

- INFECCIÓN URINARIA: É  a infección mais común, o 80% das infeccións son ocasionadas por unha sonda vesical permanente. As infecións adoitan definirse según criterios microbiolóxicos: Cultivo cuantitativo de urina con resultados positivos. As bacterias causantes da infección urinaria proveñen da flora intestinal, xa sexa  normal (Escherichia Coli) ou contraída no hospital (Klebisella polifarmacorresistente).

-INFECCIÓN NO LUGAR DUNHA INTERVENCIÓN CIRÚRXICA: Éste tipo de infeccións tamén son bastante frecuentes. A infección adoita contraerse durante a própia operación xa sexa esóxena (é dicir, o aire, o equipo médico, os ciruxáns, e outro persoal médico), ou endóxena (da flora da pel ou do sitio da operación) ou en raras ocasións, do sangue empleada na intervención cirúrxica.

-INFECCIÓN RESPIRATORIA (Neumonia nosocomial): Sucede en diferentes grupos de pacientes, sobretodo nos que están conectados a respiradores. Adoita desenvolverse tamén en pacientes con sondas nasogástricas. Os microorganismos colonizan o estómago, as vias respiratorias superiores, os bronquios, e causan infección nos pulmóns (neumonía). En pacientes cun alto grado de inmunodeficiencia pódese dar neumonía por Legionella e por Aspergillus.

-INFECCIÓN SANGUÍNEA (Bacteriemia nosocomial):  Representan unha pequena proporción das infeccións nosocomiais, arredor do 5%. Ainda que a tasa de letalidade é alta. Os microorganismos colonizadores do cateter dentro do vaso poden producir bacteriemia sin infección externa visible. Os principais factores de risco son a duración da cateterización, o grado de asepsia no momento da inserción e o coidado continuo do cateter.

-OUTRAS INFECCIÓNS NOSOCOMIAIS: Outros lugares de infeccións potenciais: 
          As infeccións da pel e tecidos brandos (lesións abertas, como úlceras e queimaduras)
          A gastrointerite (máis común en nenos causada principalmente por un rotavirus).
          A sinusite e outras infeccións entéricas, infeccións de ollos e da conxuntiva.
          A endometriose e outras infeccións dos órganos xenitais tras o parto.
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario