jueves, 22 de noviembre de 2012

Vixilancia das enfermidades nosocomiais

Os obxetivos fundamentais da vixiancia das enfermidades nosocomiais son a reducción das mesmas e o seu custo. Pra levalo a cabo, debemos:
    
     -En primeiro lugar, facer que o persoal clínico e outros traballadores hospitalarios estean máis conscientes das infeccións nosocomiais e a resistencia ós antimicrobianos, de maneira que aprecien a necesidade da prevención.

     -Debemos sinalar a necesidade de crear programas de prevención novos e intensificados, e evaluar o efecto das medidas de prevención.
    
     -É importante sinalar os posibles puntos nos que se pode mellorar na atención dos pacientes e a necesidade de efectuar outros estudos epidemiolóxicos (como por exemplo, os análises dos factores de risco).

A vixiancia é un proceso circular:
          1º. EXECUCIÓN DA VIXIANCIA: Definición de metas, recolleita de datos co protocolo de vixilancia.
          2º. RETROALIMENTACIÓN E DIVULGACIÓN DE ANÁLISES: Análises, interpretación,  comparación e discusión de datos.
          3º. PREVENCIÓN: Decisións e medidas correctivas.
          4º. EVALUACIÓN DO EFECTO DAS INFECCIÓNS NOSOCOMIAIS POR MEDIO DA VIXIANCIA OU OUTROS ESTUDOS.
     
        E así sucesivamente, de maneira que trala evaluación dos efectos das infeccións nosocomiais, volveríamos ó primeiro punto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario