jueves, 22 de noviembre de 2012

Criterios diagnósticos das infeccións nosocomiais

O diagnóstico das infeccións nosocomiais é complicado xa que é bastante difícil distinguir entre unha infección e unha descomposición  funcional, cardíaca ou respiratoria.
Cada tipo de infección nosocomial ten unhas manifestacións características que facilitan o seu diagnóstico e posterior tratamento. Algúns dos posibles signos de infección nosocomial son hipertermia, leucocitose e un aumento dos reactantes de fase aguda sen existir infección en pacientes postoperados.
Ante a sospeita dunha infección nosocomial as probas diagnósticas que normalmente se realizan dependendo de cada caso en particular son:
  • Hemograma
  • Radiografía de tórax
  • Hemocultivo ( periférico e das vías centrais)
  • Cultivo de aspirado bronquial
  • Sedimento e cultivo de urina
  • Outros cultivos según a clínica ( secreción de urina cirúrxica, LCR, coprocultivo, etc.)
  • En caso de sospeitas de infección nosocomial relacionada con catéter, débese facer un cultivo do orificio de entrada na pel e das conexións.
No ambiente hospitalario, as medidas de illamento teñen como finalidade previr a transmisión de microorganismos dende os pacientes colonizados ou infectados ata as persoas susceptibles, incluindo outros pacientes, persoal sanitario, visitantes, etc. O illamento dos pacientes debe realizarse de acordo coas características do axente etiolóxico e das vías de transmisión.
Co fin de evitar a transmisión das infeccións no ambiente hospitalario, as precaucións estándar deben cumplirse en todo momento e con todos os pacientes.
Tratándose dun paciente infectado, ademáis das precaucións estándar, débense levar a cabo outras precaucións adicionais que son:

        - Precaución respiratoria cando a transmisión é aérea por microgotas de menos de 5 micras. Nestes casos débese usar mascarilla, limitar o movemento e o transporte do paciente, o cal debe tamén usar mascarilla se se traslada. Por exemplo no sarampión.

        - Precaución de microgotas ou gotas cando a transmisión é por microgotas de máis de 5 micras, como por exemplo na tuberculose.

         - Precaución de contacto cando a transmisión é por contacto directo ou indirecto. Nestes casos, a habitación do paciente debe ser individual. Por exemplo en bronquite.

         - Precaucións nos casos de infeccións transmitidas por vectores como: cascudas, moscas, mosquitos, formigas,etc. Nestes casos débense tomar medidas de limpeza axeitadas do ambiente hospitalario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario