sábado, 24 de noviembre de 2012

Infeccións no paciente ancián

Os pacientes anciáns hospitalizados adoitan padecer este tipo de infecións con máis frecuencia que outro sector da poboación. Os servizos de xerontoloxia xogan un papel esencial na prevención e control das infeccións nos que o diagnóstico precoz do xerme causante é o máis relevante. É fundamental adoptar cos pacientes xeriátricos todas as medidas de asepsia e ser moi estrictos ca esterilización.

Entre as xeralidades cursan: unha etioloxía infecciosa diferente, un cadro clínico atípico, inespecífico e ausente, unha lenta resposta ó tratamemto, unha evolución tórpida, unha elevada morbi-mortalidade, e reaccións adversas medicamentosas.

Entre as infeccións máis comúns en anciáns atopamos:
        - Partes brandas: Erispelas, úlceras por presión e feridas cirurxicas, linfanxite
         -Boca: Periodontite, caries, candidiase.
         -Tracto urinario: Cistite, pielonefrite, abscesos.
         -Tracto respiratorio: Neumonias, tuberculose, reactivación EPOC (enfermidade pulmonar obstructiva crónica).
         -Osteoarticulares: Artrite, osteomielite (as fracturas condicionan infección).
         -Endocardite, tromboflebite, endarterite.
         -Septicemia, shock séptico.
         -Intraabdominais: Apendicite, peritonite, colanxite, diverticulite, abscesos.
         -Anexos cutáneos: Dermato e onicomicose.
         -Virais: Gripe, heroes zoster.
       
 Nos servizos xeriátricos intentan reducir este tipo de infecciós nos pacientes da terceira idade procurando estancias medias de hospitalización (pois canto menor sexa a estancia hospitalaria menos risco teñen de adquirir unha infección nosocomial) e unha atención máis completa, que xunto coa rapidez na detección do xerme conseguen reducir considerablemente a incidencia destas enfermidades. 


A parte destas medidas tamen debemos ter en conta a prevención con vacinas, co inicio temperán da antibioticoterápia empírica, específica (e parenteral si fose necesario) , ca estreita vixiancia das interaccións medicamentosas e reaccións adversas que se poidan procudir debido á polifarmacoterapia á que adoitan estar sometidos estos pacientes. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario