martes, 27 de noviembre de 2012

Coidados das úlceras por presión

Tras comentar as úlceras por presión e a súa prevención, imos enfocar os coidados necesarios que se deben levar a cabo trala aparición deste tipo de lesións.

En primeiro lugar, e como norma xeral en tódo tipo de lesións, xa sexan nosocomiais ou non, debemos proporcionar tódalas medidas preventivas necesarias, pra evitar a súa posterior evolución e a propagación das mesmas.    
                                                                   
Unha vez, tomadas as medidas de prevención axeitadas, debemos valorar o estado físico da lesión:  as secrecións (escasas , profusas, purulentas, hemorráxicas ou serosa) a dor, os signos de infección local (o exudado purulendo, o mal olor, bordes inflamados, ) a febre.... logo identificar o estadío no que se atopa a úlcera.
     Existen catro estadíos:
         Estadío I : Tecido arubiado, ruborizado, que non mellora co cambio de posición
         Estadío II: Aparecen ampolas na rexión ruborizada.
         Estadio III: Apertura da pel, aparición da ferida.
         Estadio IV: Evolución da ferida cara o interior.

Logo, procedemos á retirada dos esfácelos, é dicir, á desbridación do tecido necrotizado. E pra isto podemos levar a cabo catro tipos de desbridamento:

DESBRIDAMENTO MECÁNICO: Trátase dunha técnica non selectiva e traumatica. Mediante a irrigación, a presión da ferida ou o uso de apósitos humedecidos, que ó secar pasadas 4- 6 horas adhírense ó tecido necrotizado e son arrancados ca súa retirada. Na actualidade, ésta técnica esta en desuso.

DESBRIDAMENTO CORTANTE: Deberá realizarse por planos e en diferentes sesións (salvo o desbridamento total en quirófano), sempre comezando pola área central. Ante a aparición de dor, é recomendable o uso dun xel analxésico (lidocaína 2%)

DESBRIDAMENTO ENZIMÁTICO: Utilízase cando non existen signos de infección, e utilízanse productos enzimáticos (proteolíticos, fibrinolíticos...) que poden usarse como axentes de detersión química dos tecidos necróticos, por exemplo, a colaxenasa.

DESBRIDAMENTO AUTOLÍTICO: Lávase a cabo pola acción de tres factores: a hidratación da úlcera, a fibrinólise, e a acción das enzimas endóxenas sobre os tecidos desvitalizados.
É a fórma máis selectiva e atraumática para o paciente pero ten unha acción máis lenta.

Logo prodecemos  limpeza da lesión, para a cal utilizaremos soro salino. Debemos realizar unha presión de lavado efectivo pra facilitar o arrastre dos detritus, basterias...  

Por último colocamos un apósito axeitado. Existen varios tipos de apósitos según as aportacións que necesite cada lesión, e que permita manter de maneira contínua o leito da lesión, mantendo unha humidade e unha temperatura axeitada.




No hay comentarios:

Publicar un comentario