viernes, 30 de noviembre de 2012

SARM: Staphylococcus Aureus Resistente a Meticilina


As cepas de S.A. que expresan o xen mecA denomínanse Staphylococcus aureus resistente a meticilina (SARM/ MRSA). A transcendencia clínica deste microorganismo radica en que dificulta moito o tratamento das infeccións que produce e obriga a establecer unha serie de medidas de control no ámbito nosocomial.
SARM é un S.A. resistente a tódolos betalactámicos incluindo cefalosporinas e carbapenemes, e normalmente tamén a aminoglucósidos, eritromicina, clindamicina, tetraciclinas, sulfamidas, quilononas e rifampicina. Pero aínda así, detéctase unha certa sensibilidade aos glucopéptidos.

Os métodos utilizados para a detección de SARM no laboratorio baséanse na modificación das condicións de cultivo para facilitar a expresión das cepas con resistencia a meticilina. A temperatura de incubación redúcese a 35 ºC, apórtase NaCl ao medio de cultivo e prolóngase o tempo de incubación a 24 h. Actualmente tamén se dispón de métodos de diagnóstico rápidos fenotípicos, como por exemplo a aglutinación con anticorpos monoclonais específicos ou xenómicos, como a reacción en cadea da polimerasa (PCR ) xa que detecta o xen mecA.
SARM preséntase normalmente no ámbito hospitalario causando brotes nosocomiais ou, con menor frecuencia de forma espóradica. A introducción do SARM no hospital prodúcese xeralmente a través do denominado caso índice. Unha vez no centro, este tipo de Staphylococcus pode transmitirse de forma limitada dando lugar a unha situación de endemia, ou diseminarse moi rápido por todo o hospital provocando un brote epidémico.
As medidas de control do SARM baséanse na epidemioloxía desta infección, e ten como obxectivo limitar a diseminación nosocomial do miroorganismo.

Absceso causado por S.Aureus resistente a meticilina:
























No hay comentarios:

Publicar un comentario