jueves, 29 de noviembre de 2012

Infeccións urinarias

Hoxe, ímolo dedicar ás infeccións urinarias, unha enfermidade nosocomial moi frecuente nos hospitais ocasionadas polas sondas vesicais, ainda que tamén incrementan as súas probabilidades de aparición outros factores como a idade, a diabetes, a menopausa, a retención urinaria, os cálculos renais, embarazo...

As infeccións urinarias son causadas por xérmenes, que en condicións normais, desfaríamonos deles sinxélamente, mais certas afeccións aumentan o risco de padecer infeccións urinarias. As mulleres ténden a contraer esta afección con máis frecuencia que os homes, porque a uretra é mais curta e está máis preto do ano.


Os síntomas frecuentes das infeccións urinarias ou cistite, son a necesidade urxente e frecuente de urinar, picazón da uretra, rubor vaxinal, dor ó urinar, cor e olor anormal da urina, febre, escalofríos, vómitos, nauseas...

O diagnóstico farase mediante un exámen físico, análise e cultivos de urina, unha citoscópia, e unha urigrafía:

  • O examen físico, consiste en palpar a zona abdominal detectando dor ou rubor.
  • Co análise de urina imos etectar si a urina posúe algún axente infeccioso.
  • Nos cultivos de urina, identificamos que tipo de bacteria é a causante.
  • A citoscópia e a ecografía  permítenos observar o estado da uretra e vexiga.
  • E a uigrafía permítennos detectar alteracións na secreción urinaria dende os rils, ata a vexiga.


As infeccións urinarias son bastante molestas, mais o tratamento adoita ser efectivo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario