domingo, 25 de noviembre de 2012

Diagnóstico da neumonía nosocomial.

  1. CLÍNICO. 
Pacientes ingresados durante máis de 48 horas que presentan un infiltrado radiolóxico novo ou progresión de infiltrado previo, ademáis de:
  • febre ou hipertemia
  • leucocitose, leucopenia ou incremento da cantidade e da purulencia das secrecións.
Índice clínico de infección pulmonar (CPIS): score que xunta os criterios clínicos mencionados  máis a relación  PaO2/FiO2 como indicador da oxixenación e o cultivo de secrecións. Permite levar a cabo un diagnóstico, outorga puntuación de gravidade e o seguimento da evolución no tempo da neumonía intrahospitalaria.
     
     2. RADIOLÓXICA.

A radioloxía de tórax realízase sistemáticamente a todo paciente no que se sospeite neumonía. A TAC débese reservar pra presentacións clínicas confusas ou cando a neumonía non se resolve ou pregresa con un tratamento ATB axeitado.

    3. ETIOLÓXICO. 

Cambia según países, cidades, hospitais e hasta nas diferentes áreas do mesmo hospital, sendo a Pseudomona aeruginos e S.aureus os patóxenos máis comúns nesta infeción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario