martes, 27 de noviembre de 2012

Clostridium: manifestacións clínicas e diagnóstico


As principais manifestacións clínicas das infeccións nosocomiais por Clostridium Difficile son: diarrea, hipertermia e dor abdominal.

  • A diarrea é o síntoma cardinal, adoita ser acuosa, con moco, verdosa e fedorenta.
  • A hipertermia é tamén frecuente e aparece nun 80% dos casos, xeralmente de pouca intensidade.
  • A dor abdominal preséntase nun 70% dos pacientes e pode oscilar entre leves cólicos a unha dor intensa similar á dor abdominal aguda.
  • A leucocitosis é frecuente e, en ocasións poden observarse reaccións leucemoides con recontos leucocitarios totales arredor de 20.000-40.000/µl.
  • No 50% dos casos obsérvanse claras seudomembranas na sygmoidoscopia.
  • Excepcionalmente aparecen manifestacións extraintestinais como: artrite séptica, abscesos esplénicos ou bacteriemias.
As complicacións da diarrea por C.D. son pouco frecuentes, pero no caso de que sucedan precisan un tratamento rápido para evitar a súa alta mortalidade, que é dun 68% dos casos, sobre todo na poboación anciá. Entre as complicacións pódense atopar:
  1. Deshidratación
  2. Alteracións hidroelectrolíticas
  3. Acidosis
  4. Hipotensión
  5. Shock séptico
  6. Anasarca hipoalbuminémica grave
  7. Megacolon tóxico: que tamén adoitan precisar ciruxía con colectomía.
  8. Perforación do colon: que precisaría tratamento cirúrxico urxente.

O diagnóstico dunha infección por Clostridium Difficile obtense coa demostración da presencia de citotoxinas de C.D. nas mostras fecais. O método de referencia é o test de citotoxicidade da tóxina B en cultivos celulares que son capaces de detectar unha pequena cantidade de toxina nas heces, cunha sensibilidade e especificidade elevadas. Por rapidez e por motivos económicos, o método máis usado é o enzimoinmunoanálise ( ELISA).

É importante en anciáns unha adecuada hidratación e a correción das alteración hidroelectrolíticas. Deben evitarse o uso de axentes antiperistálticos e opioides, xa que favorecen á permanencia das esporas na luz do colon.









No hay comentarios:

Publicar un comentario