viernes, 23 de noviembre de 2012

Infeccións nosocomiais en neonatos.

O concepto de infección nosocomial en neonatos varía en función do momento en que esta foi concibida, ben durante o ingreso ou ben durante o parto.
Se foi despois do parto, ésta dise que é unha infección nosocomial, e exprésase nun período de 48-72 horas, mentres que no caso de que está xa sea presentado no momento do parto dise que é unha infección maternofetal, e a sintomatoloxía aparecerá antes das 48 horas.

A infección nosocomial en recén nacidos presenta diferentes graos de incidencia, segundo as complicacións producidas durante o parto:
  • En partos sin complicacións, a porcentaxe de incidencia é do 1%. Isto débese a que en estos casos o tempo de hospitalización é menor e os neonatos non adoitan requir nigún coidado especial.
  • En partos con complicacións, o risco de sufrir unha infección de este tipo pode chegar ata o 50%, debido a que os neonatos requiren coidados especiais e por tanto o seu tempo de ingreso é maior. Reciben tratamentos invasivos, que rompen as barreiras de protección como a pel, por tanto a exposición é maior.
Outro factor influínte na incidencia das IN é o peso que presenta o recén nacido:
  •  En recéns nacidos con peso infeior a 1kg a porcentaxe de infectados adoita ser entre 18% e o 45%.
  • En recéns nacidos con peso superior a 2kg a porcentaxe descende a parámetros entre un 2% e un 12%.
Os principais factores de risco son:
  • Sistema inmune inmaduro.
  • Inmunidade pasiva moi escasa, antes das 34 semanas de vida.
  •  Pel fráxil, e por tanto máis fácil de lesionar.
  • Tratamentos invasivos.
  • Entorno.
As IN máis comúns adoitan ser: septicemia(entre un 30% e 50%), neumonía , infección gastrointestinal, infección de ollos, nariz, oídos, farinxe e pel.
 
En canto a etioloxía, polo xeral son causados por bacilos gram negativos, gram positivos, enterococos, fungos e virus.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario