viernes, 30 de noviembre de 2012

Norovirus.

É un virus do ARN da familia Caliciviridae, sendo o causante do 50% dos brotes de gastrointerite nos EEUU.
Afecta a persoas de todas as idades e é transmitido por alimentos contaminados por augas fecais e polo contacto persoa a persoa. Os brotes de Norovirus adoitan darse en comunidades pechadas e semipechadas, como por exemplo os hoteis, hospitais, crucerios, restaurantes, etc... donde unha vez que o virus foi introducido, a infeción transmítese con moita rapidez, polo xeral pos consumir alimentos contaminados co Norovirus, por tocar supeficies ou obxectos contaminados e logo levar as mans a boca ou o tocar a persoas xa infetadas.
Esta infeción tamén se coñece co nome de "intoxicación alimenticia" ou "gripe estomacal", pois o Norovirus adoita afectar o estómago e os intestinos causando a enfermidade coñecida como gastrointerite. 

Os SÍNTOMAS máis comúns son:
  • diarré 
  • vómito
  • naúseas
  • cólicos estomacais
Outros menos comúns son:
  • febre baixa
  • calafríos
  • dor de cabeza
  • dores musculares
  • sensación de cansanzo
Polo xeral non é unha enfermidade grave, e os infetados adoitan sandar en 1- 2 días, sendo as persoas infectados moi contaxiosas.
Contra este tipo de infecíón  non hai ningún tipo de vacina que axude a previr o seu desenvolvento, nin tampouco medicamento, posto que os antibióticos só combaten bacterias non virus. A mellor maneira de previr a sua aparición é:


 

       - Practicando unha adecuada hixene de mans.
       -Practicar medidas de precaución nas cociñas.
       -Non preparar alimentos cando se teña a infeción.
       -Limpar e desinfectar as superficies contaminadas.
       -Lavar ben a roupa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario