Mostrando entradas con la etiqueta vitamina C. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vitamina C. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de diciembre de 2012

Helicobacter pylori. Dieta

A infección incial pode ser asintomática ou producir un episodio de gastritis aguda autolimitada. Dana a mucosa autral do estómago por moitos anos, producindo gastritis crónica.

Os factores desencadeantes poderían depender da dieta, abuso de drogas, alcoholismo, tabaco e/ou predisposición xenética.
Crese que a dieta é importante en canto á relación coa enfermidade, dado que numerosas probas suxiren que o risco aumenta coa inxesta elevada dalgúns alimentos en sazón conservados mediante técnicas tradicionais, especialmente carnes e encurtidos, e coa inxesta de sal propiamente dita, e ese risco diminúe cun alto consumo de froitas e verduras, quizais debido ao seu contido de vitamina C.


Recomendamos uns hábitos de vida saudables para previr esta e outras moitas enfermidades. É ben sabido por todos que unha dieta equilibrada rica en verduras e froita, o exercicio físico e evitar o consumo de alcohol e outras drogas como o tabaco nos axudará a sentirnos e a estar máis sáns.