As especies de Streptococcus que producen enfermidades son:
- Estreptococos do grupo A: Streptococcus pyogenes que producen amigdalite e impértigo.
- Estreptococos do grupo B: Streptococcus agalactiae que producen meninxite en neonatos e trastornos do embarazo na muller.
- Neumococo: Streptococcus pneumoniae, que é a principal causa de neumonía adquirida na comunidade.
- Streptococcus viridans, que é unha causa importante de endocardite e de abscesos dentais.
- Streptococcus mutans, que é unha causa importante de caries dental e que pertence ao grupo de estreptococos viridans.
Algunhas especies dos grupos C e G teñen na súa parede a proteína G, que pola súa capacidade de unión a anticorpos, ten importantes aplicacións en biotecnoloxía.
A maioría das especies de Streptococcus son anaerobios facutativos, e algúns crecen soamente nunha atmósfera enriquecida con dióxido de carbono. As súas esixencias nutricionais son complexas, e para o seu illamento é necesario o uso de medios enriquecidos con sangue ou soros. Estes microorganismos son capaces de fementar carbohidratos formando ácido láctico, e tamén son catalasa negativos a diferencia dos estafilococos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario