Os Streptococcus Viridans distínguense do Streptococcus Pneumoniae mediante unha proba de optoquina xa que os estrptococos viridans son resistentes a esta substancia. As súas características morfolóxicas son que non posúen a cápsula de polisácaridos típica dos S. Pneumoniae nin os antíxenos de Lancefield, e ademáis, son insolubles en bilis. Estos microorganismos son moi abundantes na boca e poden colonizar a orofarinxe, o tracto gastrointestinal, o tracto genitourinario e raras veces a pel.
As infeccións producidas por estes microorganismos poden ser:
- Endocarditis: isto ocorre se se introducen no torrente sanguíneo, cobre todo en individuos coas válvulas do carazón danadas; aínda que esta posibilidade atópase limitada a individuos con alteracións do sistema inmune.
- Caries Dental
- Otitis media
- Empiema de senos nasais
A identificación das especies que pertencen ao grupo viridans realízase mediante características bioquímicas como por exemplo: a hidrólise da arxinina, a hidrólise da esculina, a producción de ácido a partires de manitol e sorbitol e a producción de ureasa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario