O virus da rubéola transmítese por contacto cas secrecións nasofarínxeas expelidas no aire, resíduos fecais ou urinarios dos afectados. Pódese transmitir tamén por contacto con obxetos contaminados con estas secrecións.
Durante o período de incubación ( 16 a 23 días), o virus multiplícase nas células do epitelio respiratorio superior, chega ós ganglios linfáticos e logo difúndese polo organismo, especialmente na pel, mucosa respiratoria e outros órganos. Cando unha muller embarazada padece a rubeola, é moi probable que o virus atravese a placenta e produza a infección do embrión.
No período de latencia, os adultos sufren pródomos durante 1 a 5 días, que consisten en febrícula, cefalea, malestar xeral, coriza leve, e conxuntivite. Os neno, polo xeral presentan poucos síntomas, ou ningún.
Se a infección se procude durante o primeiro trimestre de embarazo, ca consecuente infección no embrión, aparecerán focos nas células infectadas en diversos órganos e tecidos con divisións celulares lentas, alterando o proceso normal da organización do embrión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario