A rubeóla caracterízase principalmente pola aparición de pequenas erupcións arrubiadas na pel, que se adoitan iniciar na cabeza e progresar cara os pés, facéndose máis intensas no tronco. Estas non provocan picazón nin molestias, e adoitan desaparecer en poucos días.
As erupcións móstranse un ou dous días despois do contaxio.
Xunto coas manchas rubias, os síntomas da rubeóla aseméllanse ás dun cadro gripal: malestar xeral, febrícula, irritación ocular, farinxite, e inflamación dolorosa de ganglios arredor da nuca e na rexión posterior das orellas.
Os nenos polo xeral apenas presentan síntomas, mentres que os adultos poden experimentar febre, cefalea, malestar xeral e secreción nasal, antes da erupción cutánea.
Outros síntomas que tamén pode abarcar, son:
Hematomas (raramente)
Inflamación dos ollos
Dor muscular ou articular
No hay comentarios:
Publicar un comentario