Unha de cada cinco mulleres embarazadas ten estreptococos grupo B no recto ou na vaxina; nestas mulleres, unha infección por EGB pode causar corioamnionitis e infección postparto. As infeccións do aparato urinario causadas por EGB poden inducir ó parto e provocar un parto prematuro. Os recén nados poden contraer a infección durante o embarazo ou ao pasar polo tracto xenital durante o parto.
Os EGB son a causa máis freuente de infeccións que poñen en perigo a vida dos recén nados, incluídas as neumonías e a meninxite. Aproximadamente un de cada 100 a 200 bebés cuxas nais teñen estreptococos grupo B desenvolven síntomas dunha patoloxía por EGB. Case o 75% dos casos da enfermidade causada por EGB entre os recén nados preséntase na primeira semana de vida e denomínase enfermidade de comezo precoz. Os prematuros son máis susceptibles á infección por EGB que os bebés que nados a término.
A importancia desta enfermidade está determinada por tres factores fundamentais que son:
- A prevalencia de colonización materna por EGB no momento do traballo do parto: ésta é moi variable ao redor do mundo e incluso en distintas rexións dun mesmo país.
- Incidencia de infección neonatal temprana por EGB en recén nados.
- Mortalidade causada por infección neonatal temprana por EGB en recén nados: esta cifra no noso país varía entre o 5% e o 20%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario