- Son bacterias Gram negativas, a maioría son bacilos, outros cocobacilos e outros pleomórficos.
- Non son esixentes, son de fácil cultivo.
- Son oxidasa negativos, é dicir, que carecen da enzima citocromo oxidasa, pero cunha excepción, as Plesiomonas, que son oxidasa positivas,
- Son capaces de reducir nitrato en nitrito.
- Son anaeróbicos facultativos.
- Son fermentadores de carbohidratos en condicións anaeróbicas con ou sen a producción de gas ( en especial a glucosa e a galactosa) e tamén son oxidadores dunha ampla gama de substratos en condición aeróbicas.
- Moitos xéneros teñen un flaxelo que sirve para desplazarse, aínda que algúns xéneros non son móbiles.
Adicional a todo isto, as Enterobacteriaceae non forman esporas, algunhas producen toxinas, poden ser encapsuladas e son organismos catalasa positivos. Son quimioheterótrofos, e precisan compostos simples de carbono e nitróxeno para o seu crecemento, xeralmente só con D- glucosa, aínda que algunhas tamén precisan aminoácidos e vitaminas. A termperatura óptima de crecemento está entre os 22ºC e os 37ºC.
As diferenzas entre os nomes dos diversos xéneros proveñen de criterios máis precisos, como a fermentación dos diferentes azucres, a producción ou non de azufre, a presencia de enzimas metabólicas, etc. Os serotipos de importancia médica e sanitaria poden distinguirse entre sí pola presencia ou ausencia de antíxenos na súa constitución celular, tales como no lipopolisacárido ( antíxeno O), o antíxeno flaxelar ( antíxeno H) ou o antíxeno capsular ( antíxeno K).
No hay comentarios:
Publicar un comentario