Foi identificada como axente causal da úlcera péptica e clasificouse ademais como carcinóxeno tipo I. Como resultado da súa interferencia coa secreción do ácido polo estómago, esta bacteria é capaz de xerar deficiencias na absorción de nutrintes que poden comprometer o estado nutricional dos individuos afectados e vincúlase coa aparición de manifestacións carenciais ou co axente causal de enfermidades crónicas.
A vía de contaminación máis probable é a oral e atribúeselle un papel fundamental ás augas de consumo.
A helicobacter pylori afecta ao 50% da poboación mundial.
O tratamento de erradicación, ademais de custoso, pode ser inefectivo, xerar reaccións adversas nos pacientes ou cepas resistentes a antibióticos, polo que os estudos de busca dunha vacuna para aplicación terapéutica e prevención centran a atención das investigacións actuais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario