AUMENTAN A DOR:
Insomnio, medo, depresión, ambiente pouco confortable, vellez, pouca autoestima...
DISMINUEN A DOR:
Sono, descenso da aisiedade, empatía, comprensión, aumento da autoestima, ocio...
Para medir a dor dun paciente, imos acudir ás escalas de medición da dor. Nelas os pacientes sinalan nunha escala do 0 ó 10 a súa situación, na que o 0 é a ausencia da dor, e o 10 unha dor insoportable.
ANALXÉSICOS: Son aqueles medicamentos que alivian a dor. Existen moitos tipos de analxésicos, e cada un ten os seus beneficios, e os seus riscos. Para a súa administración, acudimos á seguinte escala:
- AINES e analxésicos non morfínicos: Aspirina, paracetamol, pirazolonas, ibuprofeno, ketoproceno..
- OPIÁCEOS DÉBILES:Tramadol (éste tipo de medicamentos simula a acción dos opioides)
- OPIÁCEOS POTENTES: Morfina, codeína, propoxifeno, meperidina, pentazocina, buoprenorfina...
- FÁRMACOS COADXUVANTES:Corticoides, ansiolíticos, antidepresivos, anticonvulsionantes
Non toda a dor necesita de analxésicos, pois hai casos nos que a podemos disminuir con tratamentos non farmacolóxicos: técnicas de relaxación,masaxes, técnicas de distracción,de estimulación cutánea...
Enfermaría, vai buscar a mellora do paciente pra que éste recupere o seu benestar o máis rápido posible. Unha vez que a dor xa non irrrumpe o benestar do paciente, proporcionamoslle a satisfacción das necesidades fisiolóxicas, necesidades de comodidade e repouso-sono, a satisfacción das necesidades hixiénicas, e a prevención de posibles complicacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario